Obras e Servizos asfalta o aparcadoiro da Avenida da Mariña

10 / MAI / 2016

Obras e Servizos asfalta o aparcadoiro da Avenida da Mariña

Desde onte estase a asfaltar na Avenida da Mariña o tramo que discorre entre a glorieta norte e o Hotel de Sada. Os traballos levanse a cabo no aparcadoiro do propio vial e na parte esquerda do aparcadoiro do paseo marítimo no sentido da circulación.
 
Con esta actuación o goberno, a través da concellería de Obras e Servizos, acondiciona e mellora a parada de autobus sita fronte ao Concello ademáis dos postos de aparcadoiro que estaban en moi malas condicións e con numerosos baches.
 
Esta actuación verase complementada nos próximos meses coa obra de “Reordenación do tráfico ciclista no paseo marítimo de Sada” que leva aparellada a creación dun novo carril bici que discorrerá dende as inmediacións do edificio modernista da Terraza ata a súa conexión co carril bici que comeza en fronte a Casa da Cultura.
 
As obras incluidas no Plan de Acción Social da Deputación crearán un novo percorrido que se aparta do tránsito actual de veciños e veciñas que desfrutan do Paseo Marítimo e que discorrerá pegado á parte dereita, segundo o sentido da circulación, do aparcadoito citado anteriormente. O Concello de Sada invertirá 75.000€ neste proxecto de seguridade vial das persoas.

 

Arquivado en