- A pasada semana estiveron no colexio Sada e Contornos explicando a técnica de cepillado aos alumnos de 1º e 5º de primaria.
- O programa de saúde bucodental que a concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, leva aos colexios ten como obxectivo xeral mellorar a saúde bucodental dos nenos e nenas do noso municipio de 1º e 5º de Educación Primaria e, especialmente, contribuír á redución de enfermidades máis prevalentes como son a carie e a enfermidade periodontal.
-Na primeira parte do programa os escolares recibiron unha charla educativa sobre a saúde buco dental. Agora reciben a visita de odontólogos que explican a técnica de cepillado con uso de reveladores de placa e fan unha exploración dental.
-“A área educativa, indica a concelleira Raquel Bolaño, pola súa transversalidade permite traballar moi diferentes aspectos, neste caso hábitos saúdables, que á súa vez redundarán no propio entorno do/da escolar e da sociedade en xeral”.
Sada 3 novembro 2016.
A prevención das enfermidades bucodentais ten como etapa idónea a infancia, xa que, neste período vai aparecendo a dentadura de leite e a definitiva; é por iso o momento adecuado para adquirir coñecementos, hábitos saudables e aplicar medidas preventivas eficaces.
Desde a concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, entenden que os centros docentes son o lugar idóneo xa que permite “chegar ao colectivo escolar para lograr mellorar o estado de saúde bucodental en escolares e promover a adquisición de hábitos alimentarios e hixiénicos saudables. Se trata dunha nova iniciativa, entorno aos 3000 euros de inversión, onde hai un punto de encontro entre a saúde e a educación para a saúde”.
Segundo indica Raquel Bolaño os obxetivos xerais do programa de saúde bucodental son “a prevención de enfermidades buco dentais e adquirir hábitos saudables para manter unha óptima saúde buco dental, pero tamén búscase promover hábitos alimentarios e hixiénico saudables ou a adquisición e aprendizaxe de técnica de cepillado. A prevención sempre da máis respostas e é moito máis útil, sendo os escolares un grupo fantástico para implementar hábitos saudables e de promoción da saúde”.
Os escolares de 1º e 5º de primaria dos colexios Sada e Contornos e de O Mosteiron aprenderon nos últimos días á a coñecer os elementos que forman a boca e a súa función, a diferenciar os distintos tipos de dentes e as súas función así como a coñecer os utensilios de limpeza bucodental, entender que é a carie e a enfermidade das encías e diferenciar alimentos saudables e prexudiciais para a saúde buco dental.
O programa sinala Bolaño pretende tamén “concienciar á familia para lograr actitudes saudables de hixiene buco dental, evitar o consumo de doces entre comidas e desenvolver unha actitude preventiva ante posibles accidentes que puidesen afectar á dentadura do neno o nena”.
Desde a concellería se ofreceu este programa de saúde buco dental a todos os centros escolares do municipio con aulas de educación primaria e informouse, mediante circular aos pais e nais dos alumnos e alumnas realización do mesmo. Ao longo do curso fixarase unha data para dar unha charla ás familias en materia de saúde buco dental, consellos e coidados para unha boa saúde desde a infancia.
Desenvolvemento do Programa
Os escolares de Sada recibiron na primeira parte do programa unha charla educativa sobre a saúde buco dental. Seguidamente recibiron a visita de odontólogos que explicaron a técnica de cepillado, a realización nos baños de técnica de cepillado con uso de reveladores de placa e farán unha exploración dental.
A avaliación, basearase na asimilación da información de educación para a saúde e na adquisición de hábitos saudables no primeiro curso de posta en marcha do programa de saúde bucodental. Nos alumnos de 1º primaria avaliaranse os índices de caries en cursos posteriores.