OPEN INTERNACIONAL XADREZ EN SADA MEMORIAL DOMINGOS MERINO

05 / SEP / 2022

OPEN INTERNACIONAL XADREZ EN SADA MEMORIAL DOMINGOS MERINO

O tradicional torneo de xadrez das Festas de Sada celebrouse o pasado sábado baixo a denominación "I Open Internacional de Xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino" organizado pola Federación Galega de Xadrez e patrocinado polo Concello de Sada.

Durante toda a xornada celebrouse no Pavillón Polideportivo de Sada, coa colaboración da Deputación da Coruña, este Open Internacional de Xadrez, onde participaron fortísimos xogadores, destacando a presenza dos grandes mestres, Vladimir Petkov, Omar Almeida y Arián González se ben a victoria foi para o ferrolán Alfonso López e o subcampionato para o mestre Fide Antonio Pazos, o podio completouno Petkov. O mellor xugador local foi Francisco Javier García Beiras.

A clausura do evento estivo a cargo do alcalde de Sada, o representante da Deputación, Alberto Lema, e o vicepredidente da Federación Galega, Juan Rey, que adicaron emotivas palabras e entregaron á familia de Domingos Merino unha lembranza na honra á brillante traxectoria deste ilustre xogador de xadrez .

Ademáis Sada está a ser a sede tamén do I Open Internacional de Xadrez Deputación da Coruña que se celebra ate o 11 de setembro no Pavillón Polideportivo e onde Almeida y Vladimir Petkov destacan no estreno do Open:

Entrada libre. Horario 10:00 a 19:30. Segue o torneo online aquí

 

Arquivado en