- O goberno municipal de Sada aposta no PXOM por reducir a capacidade residencial en relación ao plan do PP.
-O PXOM potencia os sectores industriais ao carón das estradas AC-183 e Vía Ártabra por consideralos estratéxicos. Tamén se aposta por desenvolver servizos públicos de tipo docente, sanitario ou asistencial en Osedo.
-En canto ao Pazo de Meirás, o Plan establece a posibilidade de que o BIC pase a ser de dominio e uso público
-No enclave do Hotel establecese como uso principal pormenorizado o terciario nas modalidades de oficinas-administrativo, docente-educativo, sanitario-asistencial-beleza-saúde e aloxamento turístico grupo a).
Sada, 14 de marzo 2016
O goberno municipal de Sada aposta no PXOM por reducir a capacidade residencial en relación ao plan do PP e aposta tamén por reducir o gasto nas actuacións (viais, zonas verdes, espazos libres, etc.) sen renunciar á calidade na obtención destes recursos.
O concelleiro de Urbanismo, Francisco Montouto, indica que dentro da redución de gasto nas actuacións “eliminase o proxecto de dar continuidade ao paseo marítimo por Corbeiroa para preservar a zona pero pola contra se aposta por expropiar espazos para dar resposta ás demandas dos veciños en canto a accesibilidade a cemiterios parroquiais e as praias do Concello así como se incorpora a posibilidade de cubrición dos parques infantís que estean incluídos dentro dos sistemas xerais de espazos libres” unha demanda histórica que non estaba contemplada no plan do PP.
“En canto aos sectores urbanizabeis, relata Montouto, nos residenciais apostase polo crecemento no sur do núcleo urbano de Sada, mantendo os sectores na Agra de Samoedo e na zona da rúa Betanzos, eliminando a proposta anterior do Partido Popular dun sector urbanizable residencial en Pazos.
Crease, pola contra, un sector urbanizable no lugar que se coñece como as traseiras de Barrié-As Brañas que responde a unha interpretación máis axustada da lexislación urbanística xa que se teñen en conta tanto os antecedentes de planeamento como a realidade fáctica a través da cal é posible identificar, recoñecer e distinguir con maior precisión o solo urbano e urbanizabel”.
En canto aos urbanizabeis terciarios, o PXOM elimina unha parte do sector I2 (Soñeiro) para axustalo ás esixencias da Memoria Ambiental e se potencian os sectores T1 en Meirás e T2 en Vilar por consideralos estratéxicos pola súa situación ao carón das estradas AC-183 e Vía Ártabra. Tamén se aposta polo sector T3 en Osedo en canto a posibilidade de que se desenvolvan servizos públicos de tipo docente, sanitario ou asistencial.
Apelando á responsabilidade e axustando o PXOM á estrita legalidade urbanística elimináronse todos os polígonos proxectados ao longo da avenida de Sada e seus Contornos que desclasificaban solo de consolidado a non consolidado.
Analizáronse todos os núcleos rurais e se eliminaron aqueles plans especiais de ordenación de núcleo rural que non resultaban de interese ou que non se prevían de fácil desenvolvemento. “Certo é que criticamos a extensión dos núcleos, sinala Montouto, mais respetamos os criterios do equipo redactor do PXOM como resultado do proceso de participación pública.
No referente aos ámbitos afectados por sentenzas xudiciais, se ben un PXOM non pode ter como finalidade a legalización de ámbitos, hai que observar a realidade dos feitos cometidos e acometer unha ordenación coherente respetando as sentenzas xudiciais, “pero dende logo, indica o concelleiro de Urbanismo, se defende por enriba de todo o interese público do Concello en canto ás responsabilidades patrimoniais que se determinarán nos xulgados correspondentes”.
En canto ao Pazo de Meirás, califícase como unha área de planeamento remitido e califícase como Plan Especial de protección de Patrimonio. O Plan especial que desenvolva o ámbito conterá as determinacións acaídas para salvargardar a integridade do Ben de Interese Cultural (BIC), asemade establecese a posibilidade de que o BIC pase a ser de dominio e uso público. Apostamos polo ámbito do Pazo de Meirás como espazo vertebrador público entre as parroquias de Meirás e Mondego.
No enclave do Hotel establecese como uso principal pormenorizado o terciario nas modalidades de oficinas-administrativo, docente-educativo, sanitario-asistencial-beleza-saúde e aloxamento turístico grupo a).