Os Consellos Sectoriais Ambiental, de Ensino, Infancia e Mocidade e o de Deportes xa son unha realidade en Sada

02 / MAI / 2017

Os Consellos Sectoriais Ambiental, de Ensino, Infancia e Mocidade e o de Deportes xa son unha realidade en Sada

-Nas dúas vindeiras semanas está prevista a constitución dos Consellos Sectoriais de Cultura, Benestar Social e Muller, Promoción Económica, e Recreativo/Veciñal.

Sada, 2 mayo 2017

Tal e como foi proposto polas persoas participantes no proceso de creación dos Consellos Sectoriais de Sada, tanto asociacións, como persoas a título individual, grupos políticos de Sada e persoal político da Administración municipal, forman xa parte dos Consellos Sectoriais de Sada. En concreto os Consellos Ambiental, de Ensino, Infancia e Mocidade e de Deportes  foron xa constituídos esta semana.

O Consello Ambiental quedou inicialmente composto por unha asociación e cinco persoas a título individual. Forman tamén parte do mesmo o alcalde e concelleiro de participación cidadá, así como o concelleiro de medioambiente. No caso do Consello de Ensino, Infancia e Mocidade, ademais do alcalde forma parte a concelleira de Educación e Xuventude, e confirmaron xa a súa participación 3 asociacións e unha persoa a título individual. Está previsto que nos vindeiros días, se confirmen novas adhesións a estes Consellos, entre outras, dos diferentes grupos políticos que están a designar ás persoas representantes.

O pasado vernes tivo lugar a sesión de constitución do Consello Sectorial de Deportes, aberta a todas as persoas ou colectivos con interese en tomar parte no mesmo. Nas dúas vindeiras semanas está prevista a constitución dos Consellos Sectoriais de Cultura, Benestar social e Muller, Promoción Económica, e Recreativo e Veciñal.

 

Arquivado en