Os Consellos Sectoriais de Sada versarán sobre Ensino, Infancia e mocidade, Cultura; Recreativo e veciñal, Deportes, Benestar social e muller, Ambiental e Promoción económica.
Nas xuntanzas participaron arredor de 60 persoas en cada un dos tres encontros, tanto en representación de asociacións como a título individual.
Sada, 6 de abril 2017.
O proceso para a creación dos Consellos continúa tras o segundo encontro celebrado o 10 de marzo, no que participaron 38 asociacións, ademais de persoas a título individual. Deste encontro resultou, ademais, a inscrición de cinco novas persoas interesadas en formar parte deste proceso.
Na segunda sesión definíronse os temas dos Consellos Sectoriais a crear, e sentáronse as bases sobre cal debería ser a composición dos mesmos. As temáticas propostas resultantes do proceso participativo, tanto dos 2 encontros, como das 65 entrevistas realizadas ao tecido asociativo son Ensino, Infancia e mocidade, Cultura, Recreativo e veciñal, Deportes, Benestar social e muller, Ambiental e Promoción económica
O Salón de Plenos municipal acolleu onte o terceiro encontro participativo para a creación dos Consellos Sectoriais de Sada. Nesta última xuntanza traballouse en relación ao funcionamento interno de cada Consello e cuestións como a periodicidade das reunións ou as canles de contacto internas e externas.
Desde a concellería de participación cidadá, que xestiona o alcalde Benito Portela, recórdase que este proceso segue aberto a participación de todas aquelas persoas que desexen tomar parte na creación dos Consellos Sectoriais de Sada. Para calquera consulta sobre este proceso, o Concello de Sada ten habilitadas as seguintes canles de contacto: a conta de correo electrónico participasada@gmail.com, e o número de teléfono 608 201 251.