Outono de Tapas en Sada

25 / OUT / 2017

Outono de Tapas en Sada

Bases V Outono de Tapas

Modelo Oficial de Participación no V Outono de Tapas

Sada 25 outubro 2017.

A concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada xunto coa agrupación "Eres de Tapas si..." organiza o V Certame Outono de Tapas, que terá lugar nos locais de hostalería do municipio do 10 ao 12 de novembro, co obxetivo de promocionar e potenciar o sector hostaleiro, a restauración e o turismo no municipio.

Poderá participar no certame calquera establecemento adicado a hostalería e restauración do municipio de Sada presentando un máximo de unha tapa que deberá contar entre os seus ingredientes básicos con produtos típicos da comarca e de tempada. A tapa presentada a concurso será gratuita para os clientes previa consumisión no establecemento. 

A inscrición para o certame Outono de Tapas é gratuita e deberase realizar por escrito utilizando o modelo oficial que se pode descargar nesta páxina ou recoller nas dependencias municipais e na Oficina de Turismo. A solicitude deberá presentarse nas dependencias da concellería de Promoción Económica e Turismo (na entreplanta ou no terceiro andar do edificio de servizos administrativos do Concello de Sada) ou na Oficina de Turismo antes do 6 de novembro.

Para o concurso que determinará a mellor tapa do V Outono de Tapas haberá tres modalidades: Votación do público, votación do xurado e votación nas redes sociais (no grupo de facebook Eres de Tapas si...). 

Os premios para os establecementos hosteleiros terán asemesmo tres categorias (Público, Xurado e Redes Sociais) existindo ademáis premios para a clientela que votou fisicamente nos locais participantes ou que votou a través das redes sociais.

 

Arquivado en