- A organización dividiu en tres rutas o Outono de Tapas, zonas Centro, Praia e Porto. Este ano se poderán degustar tapas tan interesantes coma “Redondo de terneira sobre cama de pataca e castaña con espuma de boletus”, “Falso caramelo de Outono”, “Sardillones de la ría”, “A Morriña de Outono” ou a “Marmita Enxebre”.
- Bases del concurso Outono de Tapas
Sada 31 de outubro 2016.
A concellería de promoción Económica e Turismo organiza o IV Outono de Tapas, desde mañá martes 1 de novembro e durante os 13 próximos días.
A concellería, xestionada polo nacionalista Liss Suárez Becerra, convocaba o pasado mes ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza para expoñer o programa de actuacións desta cita gastronñomica á que se uniron un total de 32 establecementos
“A participación de máis de 30 locais de Sada amosa o compromiso dun sector por defender productos de tempada e Servizos de calidade”, sinalou esta mañá Liss Becerra na presentación da cita gastronómica.
“O Outono de Tapas, indicou o concelleiro, é unha oportunidade de mostrar as propostas culinarias, elaboradas cos produtos de tempada, de cada local de hostalería sadense e consideramos que éste, constitúe un reclamo turístico que esperamos atraia a visitantes de toda a comarca”
Neste sentido o Outono de Tapas faise coincidir con ArteSada 2016, a feira de artesanía de Sada, para que tamén os “artesáns de toda Galicia que visitarán Sada durante a próxima fin de semana poidan coñecer e desfrutar da variada hoatalería sadense”
O IV Outono de Tapas xunta a 32 locais de hostalería que presentan distintas especialidades realizadas con productos desta estación.
A organización dividiu en tres rutas o Outono de Tapas, zonas Centro, Praia e Porto. Este ano se poderán degustar tapas tan interesantes coma “Redondo de terneira sobre cama de pataca es castaña con espuma de boletus”, “Falso caramelo de Outono”, “Sardillones de la ría”, “A Morriña de Outono” ou a “Marmita Enxebre”.
“Reiteramos a nosa intención de promover os produtos por excelencia de Sada e comarca, destacou Suárez Becerra, como elemento característico da gastronomía local e ao mesmo tempo, dinamizar a restauración no noso municipio.”