Participa na celebración do Día do Libro con a túa frase literaria favorita

08 / ABR / 2016

Participa na celebración do Día do Libro con a túa frase literaria favorita

Dende a Concellería de Cultura, e máis en concreto dende a Biblioteca Municipal Suárez Picallo, queremos convidarlle a participar un ano máis na campaña de difusión e apoio á lectura que se levará a cabo o vindeiro sábado 23 de abril con motivo da celebración do Día do Libro.

Dita iniciativa ten como obxectivo acercar a literatura á cidadanía mediante a utilización duns identificadores que conterán unha frase dun libro que vos consideredes axeitada e que luciredes nas vosas solapas durante a xornada laboral do día 23.

 

Para participar e colaborar has de cumprir os seguintes requisitos:

1. Escolle unha frase dun libro que pensas que ten calidade suficiente para converterse en obra de arte nos muros da Biblioteca Municipal de Sada. En anos anteriores foron ilustradas frases de Shakespeare, Cervantes, Saint-Exupery, Celso Emilio Ferreiro ou Einstein. ¿Qué obra pensas ti que debe estar a carón de Don Quixote, o Principiño ou Hamlet?

2. Cubre cos teus datos o impreso adxunto. Lembra que a frase escollida non pode ter máis de 20 palabras. Podes cubrir o impreso e entregalo na Biblioteca Municipal . Posteriormente elaboraremos o identificador que lucirás en apoio á lectura a xornada do Día do Libro.

3. Se a túa frase resulta escollida pasará a decorar as paredes da Biblioteca Municipal xunto cun vinilo deseñado polo ilustrador David Prieto. O nome do gañador ou gañadora –que será único- figurará vinculado á frase ilustrada.

4. Obterá ademais un premio dunha cena no restaurante ou bar de Sada que prefira, cun importe máximo de 90€ na modalidade individual ou 160€ na modalidade de empresa. Neste segundo caso o gañador ou gañadora desfrutará obrigatoriamente do premio cos seus compañeiros de traballo.

5. A frase gañadora farase pública antes do 2 de maio. Plasmarase en vinilo nunha data anterior ao 23 de maio.

Marcos Villar López - Concelleiro de Cultura e Praias

Participa no día do Libro

 

Arquivado en