PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO SADA 2025

15 / NOV / 2024

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO SADA 2025

O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Consistorio volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.

Sada é un municipio con praias urbanas, calas paradisíacas e areais incribles, un gran patrimonio natural ao longo da costa que vai desde o castelo de Corbeiroa até a praia de Cirro. Esas praias serán as que o Concello de Sada destaque no seu CALENDARIO 2025 a través da ollada da cidanía que poderá enviar as súas forografías dos arenais.

De todas as imaxes enviadas farase unha selección de trece fotografas, unha por mes, ademais da portada. A selección correrá a cargo polo persoal municipal das áreas de Cultura e Educación. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.

Información práctica:

As fotografías deberán ser orixinais e non ser premiadas en ningún concurso, nin publicadas en medios profesionais.

Admitiranse fotografías que por si mesmas poidan localizarse ou identificarse nalgunha praia ou cala de Sada.

Quérese pór atención na presenza de menores nas imaxes. Se aparecen menores, o autor ou autora deberá de ter permiso dos seus proxenitores para a publicación no calendario.

As fotografías terán a extensión ´.jpg´ ou ".png" e o tamaño gardará unha proporción de 30 centímetros de ancho por 20 centímetros de alto, ou similar, aproximadamente, cunha resolución de polo menos 250-300 ppp e en formato horizontal, para que teñan a calidade suficiente para a edición en caso de resultar seleccionadas.

As fotografías remitiranse ao Concello a través do formulario que aparecen nesta páxina 

Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe.

As persoas participantes poderán enviar un máximo de tres fotografías. O calendario editarase no mes de decembro e terá unha tirada de 750 exemplares.

Prazo límite de presentación de fotografias: até o 30 de novembro 2024 ás 23:59.

 

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: Política de Privacidade

Arquivado en