PISCINA MUNICIPAL - PAGOS DE ABONOS

09 / MAI / 2023

PISCINA MUNICIPAL - PAGOS DE ABONOS

O Servizo Municipal de Deportes abre o prazo de pago dos abonos da piscina municipal. O pago realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Sada. Ademáis no control de acceso á piscina informarase e axudarase ás personas que o necesiten na na realización do trámite.

PARA O RECIBO DO MES DE MAIO: Dende hoxe poderanse abonar os recibos do mes de maio que se solicitarán a partir do vindeiro vernes 12 de maio para o acceso á piscina.

PARA OS  RECIBOS DOS SEGUINTES MESES: Para os vindeiros meses deberase realizar o trámite do pago os últimos 5 días do mes anterior. (Exemplo: Para o pago do mes de xuño deberase abonar do 25 ao 30 de maio na Oficinal Virtual Tributaria do Concello de Sada)

Para a realización do trámite do pago deberase entrar na Sede Electrónica do Concello de Sada – Oficina Virtual Tributaria no apartado Autoliquidar e Pagar Taxas

PASOS A SEGUIR: Insertar o DNI. (A primeira vez que se accede insertas os datos de usuario). Acceder no menú de pagos ao apartado “UTILIZACIÓN PISCINA” e elexir o tipo de abono que se vai a pagar.

  • ABONO INDIVIDUAL: 34,98 €/ mes
  • ABONO FAMILIAR (mesma unidade familiar a efectos IRPF): 46,00 €/ mes
  • ABONO XOVE (< 21 ANOS): 28,08 €/ mes
  • ABONO 3ª EDAD (>65 ANOS): 24,99 €/ mes
  • ABONO MATINAL (L-V DE 08-14H): 25,51 €/ mes
  • ENTRADA LIBRE (ADULTOS): 6,60 €
  • ENTRADA LIBRE (REDUCIDOS*): 4,40 € 

 A Xunta de Goberno Local do Concello de Sada, en sesión celebrada o día 4 de maio de 2023, adoptou a moficicación do prezo público polos servizos no centro deportivo municipal de Sada establecido por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o pasado día 20 de abril de 2023 quedando a súa redacción definitiva como segue: 

Estarán obrigados ao pagamento do presente prezo público as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades obxecto do mesmo ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no apartado seguinte 3.-A contía do prezo público polas actividades e servizos no centro deportivo municipal de Sada será o resultado de aplicar a seguinte tarifa: 

Modalidade

  • ABONO INDIVIDUAL: 34,98 €/ mes
  • ABONO FAMILIAR (mesma unidade familiar a efectos IRPF): 46,00 €/ mes
  • ABONO XOVE (< 21 ANOS): 28,08 €/ mes
  • ABONO 3ª EDAD (>65 ANOS): 24,99 €/ mes
  • ABONO MATINAL (L-V DE 08-14H): 25,51 €/ mes
  • ENTRADA LIBRE (ADULTOS): 6,60 €
  • ENTRADA LIBRE (REDUCIDOS*): 4,40 € 

Abono individual: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas 

Abono familiar: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas. Mesma unidade familiar IRPF 

Abono xove: Nado libre ata 16 anos, a partires dos 16 anos con autorización pai/nai/titor legal podería entrar en sala fitness e actividades dirixidas. 

Abono 3ª Idade: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas 

Abono matinal: nado libre, sala fitness e actividades dirixidas de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas. 

Entrada libre adultos: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas (unha entrada sen límite horario) 

Entrada libre reducido 

  • • Para menores acompañados: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas para idade entre 16 e 18 anos. So nado libre en menores de 16 anos
  • • Para persoas de máis dun 33 % de discapacidade que veñan acompañados dun adulto ou titor responsable 

O abono do prezo público efectuarase con carácter xeral previamente e polo importe total, o inicio da prestación do servizo ou a realización da actividade ou da sua autorización 

O período impositivo coincidirá, nos abonados á instalación, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irredutíbeis polo dito período, e non serán prorrateadas en caso de inicio ou baixa do servizo ou actividade , e as tarifas mensuais xiraranse á conta bancaria designada na solicitude de inscrición. 

A falta de pagamento ou a devolución de dous recibos por calquera causa , salvo erro da administración, implicará a baixa automática coma persoa abonada 

Os abonados ás instalacións deportivas que queiran causar baixa, deberán de comunicalo cunha antelación mínima de 10 días naturais á finalización do mes en curso. En caso de non respectar o prazo de aviso anteriormente sinalado, deberá de abonar a cota correspondente ao mes seguinte 

As tarifas que deban satisfacerse por entrada libre deberán abonarse no momento de acceder ás instalacións.

Arquivado en