Plaza de animador tiempo libre OEP 2005 desistencia de inclusión en OEPE e formalización contrato ejecución sentencia
Por resolución desta Alcaldía de data 20 de decembro de 2024, resolveuse:
“1º.- Formalizar contrato laboral con D. Jorge Antonio Piñeiro Grandal, co DNI núm. ** *45 18* *, na modalidade de indefinido a tempo completo, coa categoría de animador de tempo libre (Grupo IV do convenio colectivo), e adscribilo ao posto código: 060007 da relación de postos de traballo, denominado: animador de tempo libre. Establécese un período de proba de 1 mes.
2º.- Deberá incorporarse ao seu posto de traballo o 2-1-2025 data na que terá efectos económicos.
3º.- Desistir da inclusión da praza de animador de tempo libre (grupo IV de persoal laboral) na oferta de emprego público que artella o proceso de estabilización previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, (DOG núm.103, do 31-5-2022) que corresponde ao posto coa mesma denominación, código 060007 da RPT, dado que a dita praza vai a cubrise definitivamente consonte ao disposto nesta resolución en execución da sentenza e resolucións relacionadas ditadas polo TSXG no PO 862/2010 que lle afectan
4º.- Notificar esta resolución ao interesado e ao seu inmediato superior.
5º.- Publicar a parte dispositiva desta resolución referida á formalización do contrato no taboleiro do concello, taboleiro da sede electrónica, Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia e dar traslado da mesma aos servizos de Intervención e Tesourería para os efectos pertinentes