A Concellería de Deportes agradece a paciencia demostrada por tod@s os usuari@s, esperando á maior brevedade posible, a posta en marcha da instalación.
Ao longo de todo este ano por razóns de necesidade e forza maior, establecimos o peche da Piscina Municipal, debido a faios estructurais que poñían en perigo o seu correcto funcionamento.
Durante os últimos meses sometimos a unha amplia analise, a acometida da obra a realizar para o restablecemento optimo do servizo prestado en dito recinto deportivo, que pasa polo arranxo dos danos estructurais dos que adoece a cuberta da mesma. Os que se estan a valorar para posteriormente someter ditos arranxos a un procedemento de licitación libre e amañar os desperfectos ocurridos ao longo da vida da construcción.
Será nese momento cando poderemos falar das datas nas que se restablecerá o servizo. Dende a Concellería de Deportes do Concello de Sada agradecemos a paciencia demostrada por tod@s os usuari@s, esperando á maior brevedade posible, a posta en marcha da instalación.