A participación no convenio é libre para aqueles concellos interesados e o goberno de Sada sumouse a esta actuación o pasado 20 de maio cando comunicou a súa decisión de adhesión, aínda que como lembra o alcalde de Sada, Benito Portela, “este convenio tampouco garante un baixo prezo da vivenda para os inquilinos en todos os casos”.
Cinco municipios da área metropolitana da Coruña uníronse onte ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta, que lles permitirá destinar os inmobles desocupados das súas localidades a atender ás familias con dificultades.
A responsable de Vivenda do Goberno Autonómico, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asinou onte cos alcaldes de Sada , Abegondo, Arteixo, Cambre e Betanzos, o acordo de adhesión a esta iniciativa, coordinada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Precisamente foi na Xunta de Voceiros da Fegamp onde o alcalde de Sada, Benito Portela, solicitou que se incluíse unha modificación no convenio de Vivendas Baleiras pola que se permiten axudas desde os concellos para complementar o pago da renda dos beneficiarios das vivendas.
Vázquez celebrou a incorporación destes municipios e destacou a importancia deste acordo. “Son as áreas metropolitanas dás grandes cidades as que rexistran un maior número de problemas coa vivenda”, apuntou.
O goberno de Sada decidiu asinar este programa enfocado na axuda a persoas e familias en risco de exclusión social, dentro do convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan Galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
Con este acordo búscase pór inmobles desocupados do municipio a disposición de persoas e familias en risco de exclusión social e de maneira prioritaria, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por falta de pagamento da renda de aluguer da súa vivenda habitual.
A participación no convenio é libre para aqueles concellos interesados e o goberno de Sada sumouse a esta actuación o pasado 20 de maio cando comunicou a súa decisión de adhesión, aínda que como lembra o alcalde de Sada, Benito Portela, “este convenio tampouco garante un baixo prezo da vivenda para os inquilinos en todos os casos”.
O concello de Sada deberá mobilizar inmobles desocupados para destinalos a alugueres sociais. Os inmobles poderán ser tanto de titularidade municipal como outros que poidan disporse libremente para o seu uso e deberán estar libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento. Tamén poderán incorporarse as vivendas protexidas que cumpran os requisitos sinalados sempre que, como consecuencia da súa cualificación, non estean sometidas a ningunha prohibición para arrendalas.
Estas vivendas adxudicaranse a persoas vulnerables de maneira compatible con outras axudas públicas. A Xunta achegará todas as garantías necesarias para esas vivendas mediante un seguro multiriesgo do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas que inclúe asistencia e defensa xurídica.
A garantía prestada a través dos seguros terá unha duración máxima de tres anos a contar desde a formalización do correspondente contrato de arrendamento.
Portela sinalou que grazas a este programa “Sada dótase de máis recursos para protexer o dereito constitucional de todos os cidadáns únaa vivenda”.
A partir de agora co convenio asinado o concello de Sada deberá elaborar unha proposta de selección de de arrendatarios e de adxudicación de vivendas e remitila ao IGVS para sometela á correspondente Comisión de Seguimento e Coordinación.
Os arrendatarios deberán atoparse nunha situación que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda en aluguer no municipio e acreditar ingresos mínimos ou de axudas que lles permitan facer fronte os deberes económicos que deriven do contrato de arrendamento. Ademáis non poderán ter parentesco até segundo grao coas persoas arrendadoras.
Terán preferencia as unidades familiares, ou de convivencia, afectadas por procedementos de execución hipotecaria así como as afectadas por un procedemento xudicial de desafiuzamento por falta de pagamento de rendas da súa vivenda habitual Tamén terán preferencia as unidades familiares que teñan fillos menores así como familias numerosas ou monoparentais con fillos a cargo ou nas que existan mulleres vítimas da violencia de xénero, persoas maiores de 65 anos ou persoas dependentes.
Outra das preferencias á hora de acceder ao aluguer de inmobles será a dificultade de asumir o custo do arrendamento dunha vivenda cando as unidades familiares fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos derivados dunha circunstancia imprevisible como poder ser unha inundación.
O convenio especifica ademáis que no procedemento de adxudicación de vivendas establécese un prezo máximo de renda de aluguer que non poderá ser superior aos 300€ no caso de Sada.