Portela e Ferreiro firman a renovación do convenio de colaboración de emerxencias

19 / FEB / 2016

Portela e Ferreiro firman a renovación do convenio de colaboración de emerxencias

-O alcalde de Sada e o seu homólogo da Coruña firmaron esta mañá en María Pita un novo convenio de colaboración para que os servizos de emerxencias de Sada reciban material propiedade do concello coruñés.

 

Declaracións do alcalde de Sada, Benito Portela, e do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro

Sada 19 febreiro 2016.

O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse en María Pita co alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, para firmar a renovación dun convenio polo que o concello coruñés cederá material e achegará formación ao servizo de urxencias municipal de Sada.

En base a este convenio o Servizo de Urxencias Municipal (SEM) de Sada recibirá diverso material procedente do servizo de extinción de incendios e salvamento da Coruña e posibilitará ao corpo sadense, entre outras cousas, dispoñer dalgunhas ferramentas de traballo máis modernas e efectivas.

“Para nos, indica Portela, e dunha vital importancia este convenio pero sobre todo a homoxenización da prestación de servizos na área metropolitana na que está traballando o concello da Coruña e a formación dos nosos traballadores de emerxencias”

Por medio desde convenio o concello da Coruña terá en conta ao Concello de Sada na impartición de cursos que se fagan dirixidos ao persoal do servizo de extinción de incendios e salvamento.

“Outra cousa importante, sinala o alcalde de Sada, e a optimización de recursos materiais polo que o concello de Sada poderá utilizar material en bo estado que o concello da Coruña cambie ou deixe de necesitar”

Precisamente o segundo punto do convenio indica que o concello da Coruña acorda ceder gratuitamente ao Concello de Sada o uso do material que, estando en bo estado, teña previsto dar de baixa no servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Arquivado en