- O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse onte coa directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, para interesarse polo proxecto ambiental na ría do Pedrido, Fase I praia de Sada que debería comenzar a executarse o pasado mes de xullo e que se realizará finalmente durante o ano 2017.
-O alcalde de Sada valorou o traballo das administración implicadas para lograr levar a cabo esta demanda histórica de Sada.
Sada 7 de setembro
ENa mañá de onte o alcalde de Sada, Benito Portela, desprazouse a Madrid para reunirse no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente con Raquel Orts, directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, organismo do que depende a licitación da actuación ambiental na Ría do Pedrido, Fase I praia de Sada.
Portela valorou moi positivamente esta reunión na que logrou o compromiso do Ministerio de continuación do proxecto que terá o seu comezo efectivo o próximo ano 2017.
É necesario, sinalou o alcalde de Sada, a colaboración entre institucións para lograr un ben común moi demandado polos veciños de Sada.
Na reunión Portela sinalou varios estudos complementarios ao proxecto así como a necesidade da execución da obra para o devir do municipio tanto economicamente como socialmente. “Mostramos ante a directoral xeral a importancia vital que ten este proxecto para Sada e logramos o compromiso de continuidade do mesmo así como unha data de comezo que non irá máis aló do ano 2017”
As obras consistían na rexeneración da praia con achegue de 261.756,57 m³ de area mariña de natureza silícea procedentes do exterior da Ría de Betanzos. Con esta achega, incrementarase o ancho útil de praia nuns 70 metros. Así mesmo, prolongábase con muros vexetais do encanamento do río, para que non interfira sobre o areal.