PREMIOS BOOKSTAGRAMERS SADA 2021

15 / ABR / 2021

PREMIOS BOOKSTAGRAMERS SADA 2021

CONCURSO DE VÍDEOS DE RECOMENDACIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA RAMÓN SUÁREZ PICALLO DE SADA

BASES PREMIOS BOOKSTAGRAMERS 2021 

Formulario de participación Bookstagramers 2021

OBXECTO

Os premios Booktagramers 2021 da Biblioteca Ramón Suárez Picallo xuntan nun mesmo concurso dúas grandes paixóns culturais: a lectura e a comunicación audiovisual en redes sociais (RRSS).

O obxecto deste concurso é o de implicar á comunidade na recomendación de libros en galego, de calquera xénero e temática, a través de vídeos de formato curto para compartir a través de Instagram. Así de simple!

PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas interesadas. Poderán participar cun ou varios vídeos autoproducidos e subidos a Instagram. En caso de que participen menores de idade, deberán cubrir a autorización de pai/nai/tiror/a no formulario de inscrición.

CATEGORÍAS

Establécese unha única categoría na que non se terá en conta ningún límite de idade. Non hai límite de idade para ser bookstagramer!

TEMÁTICA

A temática dos vídeos de recomendación literaria será libre e permitiranse todos os efectos visuais e sonoros que @s participantes consideren oportunos. Se os vídeos incluísen música, deberán utilizar contidos libres de dereitos. OLLO!! Evita a toda costa facer spoilers, e lembra que serán excluídos os contidos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

COMO PARTICIPAR

Inscríbete no formulario de inscrición e faite seguidor/a do perfil de Ig da Biblioteca Municipal (@BiblioSada).

Escolle o libro que vas recomendar. Poderá ser de calquera temática ou xénero… que teñas lido ou que vaias a ler antes de facer o vídeo.

Cóntanos as túas opinións sobre o libro gravando un vídeo en galego, coa tu cámara, teléfono móbil, tablet ou ordenador. Súbeo á túa conta de Ig sen ningunha restrición, para que poida ser visualizado por todo o mundo. Os vídeos deberán ser publicados en datas posteriores á da publicación destas bases.

A duración máxima dos vídeos será de tres minutos. Biblioteca Ramón Suárez Picallo Av. do Porto s/n 15160 Sada (A Coruña) biblioteca@sada.gal

Sube o vídeo á túa conta de Instagram sen restricións de acceso, co cancelo #bookstagramersSada e menciona a @BiblioSada. Os títulos dos vídeos, as descricións e os subtítulos (de habelos) deben estar en galego.

@s bookstagramers permitirán a difusión do seu vídeo por parte da organización, a través das RRSS municipais e, principalmente, do perfil de Instagram da Biblioteca.

Todos os vídeos deben ser orixinais, inéditos e propios de cada persoa participante, que será responsable da autoría dos mesmos.

 O Concello de Sada como organizador, queda eximido de calquera responsabilidade presente ou futura sobre os contidos presentados ao concurso.

PRAZOS

Poderase participar en Instagram dende a data de publicación destas bases até o 30 de abril de 2021 (ámbolos dous incluídos).

PREMIOS

O concurso contempla dous premios:  

Premio do Xurado: será escollido por un xurado específico que estará composto por persoas da área de Cultura, de Normalización Lingüística e da Biblioteca Municipal do Concello de Sada. Para este premio o xurado terá en conta os seguintes aspectos: o Calidade técnica do vídeo, tanto visual como sonora (encadre, audio, enfoque...). o Orixinalidade, innovación na creación dos contidos, tanto na recomendación do libro como na edición do vídeo. o Naturalidade e coherencia á hora de transmitir a recomendación, incluíndo dotes comunicativas, uso correcto da lingua (en todas as variantes dialectais).  

Premio do Público: concederase ao vídeo que consiga máis “gústame” no IG, dende a data de publicación ata a finalización do concurso o día 30 de abril.  

Accésit: o xurado poderá propoñer ata 2 accésits, cunha mención especial e un posible recoñecemento material, se considera que a calidade das propostas así o merece.

Os premios consistirán en:

PREMIO DO XURADO i-Pad mini (5ª xeración) Wi-Fi 64GB

PREMIO DO PÚBLICO i-Pad mini (5ª xeración) Wi-Fi 64GB 8.

ACEPTACIÓN

A decisión do xurado e o proceder da organización será inapelable e a participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

XESTIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais aportados a través dos formularios de inscrición serán confidenciais e están destinados a realizar as accións necesarias para a xestión do concurso. Todos os datos de participación serán eliminados unha vez rematadas as xestións necesarias para dar cumprimento ás bases do concurso.

Lembramos que os datos serán incorporados ao sistema de tratamento de CONCELLO DE SADA e que, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos pola normativa, as persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión (dereito ao esquecemento), portabilidade, oposición, limitación do tratamento, así como a non ser obxecto de decisións automatizadas nos termos que establece a normativa vixente e aplicable en materia de protección de datos, dirixindo a súa petición ao enderezo postal AVDA DA MARIÑA 25, 15160 SADA ( A CORUÑA) ou ben a través do enderezo electrónico DPD@SADA.GAL