PREMIOS LUGRÍS FREIRE DE LA XVII MOSTRA DE TEATRO DE SADA

22 / ABR / 2024

PREMIOS LUGRÍS FREIRE DE LA XVII MOSTRA DE TEATRO DE SADA

Onte, domingo 21 de abril, rematou a XVII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, coa entrega dos premios Lugrís Freire e a representación da obra "Melocotón an Almibar" da compañía sadense Teatro Artesán. De entre as 36 solicitudes presentadas a concurso, as catro compañías que foron seleccionadas para a Mostra máis a seleccionada para o día de peche, recibiron un premio fixo de 800€. O premio do xurado recaeu en "De marzo a marzo" da compañía Opaí Teatro (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. Pola súa banda, o público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía Caixón de Xastre (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto

A Concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, dentro das súas competencias na promoción da participación cultural activa da poboación, programou neste mes de abril unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado, que celebrou este ano a súa décimoseptima edición.

A Mostra de Teatro do Concello de Sada configúrase como unha cita anual na que teñen cabida os traballos presentados por compañías de teatro amateur para servir de impulso favorecedor da participación popular na cultura e promover o teatro como medio de enriquecemento cultural dos veciños e veciñas. Con este certame inténtase achegar máis o teatro á poboación de Sada, ofrecendo unha visión do panorama do teatro amateur que se fai non só dende Galicia, senón tamén noutras comunidades autónomas.

A finalidade da Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Sada é a de fomentar a cultura en xeral e as artes escénicas en particular. Configúrase como unha cita anual na que terán cabida os traballos presentados por compañías de teatro afeccionado  coa idea de servir de impulso para a participación popular na cultura e para promover o teatro como medio de enriquecemento cultural. Por medio deste certame o Concello de Sada desenvolve unha acción de democratización da cultura, ao facer accesible para a cidadanía a creación escénica actual, pero tamén unha acción de creación de públicos e de formación dun gusto crítico, dándolle ás persoas asistentes a posibilidade de expresar e valorar os espectáculos presenciados.

 

PREMIOS MOSTRA TEATRO AFFECIONADO DE SADA 2024

PREMIO DIRECTO COMPAÑÍAS SELECCIONADAS: Otorgouse un premio directo de 800 € para as catro compañías seleccionadas para a fase de representacións e a compañía seleccionada para o peche da Mostra: A LA TARDADA TEATRO (ZARAGOZA) - OPAÍ TEATRO (FERROL) - AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN (BETANZOS) - CAIXÓN DE XASTRE (A CORUÑA) - TEATRO ARTESÁN (SADA)

PREMIO LUGRÍS FREIRE AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA O PÚBLICO DA MOSTRA: Otorgouse o Premio Lugrís Freire ao «Mellor espectáculo para o público». O público asistente dispuxo de tarxetas de votación e depositou a súa valoración ao final de cada función. O público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía CAIXÓN DE XASTRE (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro ademáisde outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto

PREMIO LUGRÍS FREIRE AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA O XURADO DA MOSTRA: Otorgouse o Premio Lugrís Freire ao «Mellor espectáculo para o xurado». A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística nomeou un xurado, formado por persoas implicadas na actividade teatral e por representantes municipais. O premio do xurado recaeu na obra "De marzo a marzo" da compañía OPAI TEATRO (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. .

 

Arquivado en