18 / DEC
/ 2022
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego convocou o concurso de postais de Nadal co obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, tecido comercial e veciñanza de Sada e o fomento do galego nestos eidos a través da elaboración de postais de Nadal.
Cada autor podía concorrer cunha única postal que deberá ser orixinal e inédita, entendéndose como tal unha obra que sexa da súa exclusiva autoría e propiedade. Ademáis o tema a empregar debería estar relacionado co Nadal tradicional galego, valorando a inclusión de elementos alusivos á figura do Apalpador, figura mítica da tradición galega.
Coincidindo coa apertura do espazo do Nadal, situado detrás da Terraza, os concelleiros de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento e o de Cultura, Comercio e Turismo entregaron o sábado 17 de decembro os premios ás/aos gañadoras/es do concurso de Postais do Nadal 2022.
LISTAXE GAÑADORAS/ES:
- Antía Ferreiro - 6 anos
- Manuel Vázquez Ferrer - 7 anos
- Carla Díaz López - 8 años
- Joao Peixoto Ventura - 9 anos
- Leo de Andrés Pérez - 10 anos
- Aroa Fontenla López - 11 anos
POSTAIS GAÑADORAS:
- Antía Ferreiro - 6 anos
- Manuel Vázquez Ferrer - 7 anos
- Carla Díaz López - 8 años
- Joao Peixoto Ventura - 9 anos
- Leo de Andrés Pérez - 10 anos