29 / OUT / 2019
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego presenta este mércores a nova aplicación móbil de Comercio e Turismo
Sada 20 outubro 2019.
O vindeiro mércores 30 de outubro, a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego presentará a nova versión da App de Comercio e Turismo do Concello xunto coa empresa de enxeñería e mantemento de software ENSILABS e Mr. Flópez Creative Factory creadores da App.
Na presentación, aberta a todos os veciños e veciñas, darase conta das principais novidades que se incluen e atenderanse as preguntas e suxerencias dos interesados.