- No acto celebrado esta mañá no Salón de Plenos do Concello falaron o alcalde de Sada, Benito Portela, o presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do mandeo, José Antonio Santiso Miramontes, e o director do CEIDA, Carlos Vales. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Turismo de Sada, Liss Suárez Becerra, e o xestor da Reserva Biosfera, Jorge Blanco.
- Os actos que se celebran no Concello de Sada, a petición da concellaría de Promoción Económica e Turismo na Xunta Directiva da Asociación Mariñas-Betanzos, desenvolveranse neste mes de maio con motivo do III Aniversario do recoñecemento pola UNESCO deste territorio como Reserva Mundial da Biosfera.
- AUDIO DA PRESENTACIÓN DOS ACTOS DO III ANIVERSARIO DA RESERVA DA BIOSFERA
- CARTAZ III ANIVERSARIO RESERVA BIOSFERA
Sada 12 maio 2016
O 28 de maio de 2013 dábase a coñecer na sede da UNESCO, dentro da sesión do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere), que por unanimidade o consello apoiaba a candidatura das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para declarala Reserva da Biosfera. A UNESCO destacaba no seu ditame favorable, "o gran consenso social que alcanzou o GDR na candidatura resaltando o papel activo dos 18 concellos".
Tres anos despois e a petición do concelleiro sadense Xosé Lois Suárez Becerra, representante do Concello de Sada na Xunta Directiva da Asociación Mariñas-Betanzos celebrada o pasado 14 de decembro de 2015, os actos do aniversario do recoñecemento como Reserva da Biosfera celebraranse en Sada.
Esta mañá celebrábase no Salón de Plenos do Concello o acto de presentación dos numerosos actos que levarán a cabo. Falaron o alcalde de Sada, Benito Portela, o presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do mandeo, José Antonio Santiso Miramontes, e o director do CEIDA, Carlos Vales. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Turismo de Sada, Liss Suárez Becerra, e o xestor da Reserva Biosfera, Jorge Blanco.
As actividades do terceiro aniversario comenzaron coa exposición "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" que pode contemplarse na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Visitas, plantacións, exposicións, concursos, catas e un acto final de entrega de premios do Maratón Ornitolóxico da Reserva da Biosfera compoñen o extenso programa de actividades.
A candidatura da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.
ACTO DE PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL:
27 de maio de 2016 ás 12 horas no Paseo Marítimo de Sada.
ACTIVIDADES
-PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES “COÑECE A RESERVA DE BIOSFERA” - 23 de maio de 2016.
-PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE ÁRBORES AUTÓCTONOS COS ESCOLARES. - 23 de maio de 2016 en Mondego.
-CICLO DE CINE “BUTACA VERDE”
-EXPOSICIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. - Do 4 ao 31 de maio na Casa da Cultura Pintor Lloréns.
-XORNADA: REDE MUNDIAL DE RESERVAS DE BIOSFERA “TENDENDO PONTES”
-CONCURSO DE VIDEOS III ANIVERSARIO DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E -TERRAS DO MANDEO. - PRAZO 23 DE maio de 2016 Bases_Concurso de Vídeos_Aniversario RB
-EXPOSICIÓN E EXALTACIÓN DE PRODUTOS DA RESERVA DE BIOSFERA. - 28 e 29 de maio de 2016.
-CATA COMENTADA DE PRODUTOS DA RESERVA. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS. - 27 de maio de 2016. (La Terraza – Sada)
-ANDAINA DA BIOSFERA. “A RITMO DE MARCHA NÓRDICA”.
-VISITAS TEMÁTICAS POLO CONCELLO DE SADA
-MARATÓN ORNITOLÓXICA DA RESERVA DE BIOSFERA - 28 DE maio de 2016
-CONCURSO DE FOTOGRAFIA III ANIVERSARIO DE DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO Bases Concurso de Fotografía_Aniversario RB