12 / XUL / 2023
A Alcaldía do Concello de Sada mediante Decreto núm. 1303/2023, do 6 de xullo,aprobou a convocatoria de proceso selectivo para unha cuarta ampliación da bolsa de emprego, para postos de socorrista para espazos acuáticos naturais, a partir do posto 9º en adiante da orde de prelación. Para a tramitación do proceso selectivo aplicaranse ás bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm.519/2022, do 20 de abril (BOP núm.78, 26-4-2022) agás no relativo ao prazo de presentación de instancias dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e da susceptible emenda das mesmas, que se reduce en ambos supostos a 3 días hábiles como así dispón o decreto de corrección núm 1306/2023 do 6 de xullo.
- 12/07/2023 - Publicación BOp Anuncio Cuarta ampliación da bolsa de emprego de socorristas PS 12/2022
- 07/07/2023 - BOP núm.78 26-4-22 Bases específicas bolsa emprego socorristas PS 5-22
- 07/07/2023 - BOP núm.78 26-4-22 bases xerais elaboración bolsas emprego 2022
- 07/07/2023 - Anuncio extracto formato BOP PS 7-2023