O prazo de presentación das instancias (7 días naturais) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
As taxas de participación son 6€ (base 5ª), contía establecida para prazas do grupo E/AP ou asimiladas.
A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame.
Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.). O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento. O dito xustificante do pagamento realizado debe aportarse coa instancia.
Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este achegarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.
As solicitudes de participación axustaranse a este modelo ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.