12 / DEC
/ 2024
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de operario almacenista, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e modificadas pola resolución da Alcaldía 1098/2024, do 10 de xuño publicada no BOP núm. 120, do 21-06-2024.
REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: OEP 4-2021 3ª.
CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS.
a) Denominación da praza: operario almacenista
b) Grupo de clasificación: V do Convenio Colectivo
c) Tipo de relación xurídica: persoal laboral fixo.
- 12/12/2024 - BOE núm.299, 12-12-24 convocatorias prazas operario OEP 21.Apertura do prazo de presentación de instancias para o proceso selectivo de operario almacenista persoal laboral fixo OEP 2021
- 04/12/2024 - ANUNCIO NO DOG da convocatoria de procesos selectivos para a provisión de prazas incluídas na oferta de emprego público de 2021
- 28/11/2024 - BASES ESPECÍFICAS PARA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE CONCURSOOPOSICIÓN DUNHA (1) PRAZA DE OPERARIO ALMACENISTA, PERSOAL LABORAL FIXO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021
- BASES XERAIS DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O CONCELLO DE SADA DO ANO 2021