Listaxe definitiva de admitidos, de agarda e excluídos/as programa maiores 55 anos 2017-18
Listaxe provisional de admitidos, de agarda e lista excluidos programa maiores 55 anos 2017-18
Bases actividades para maiores 55 anos
Modelo de solicitude pre-inscrición actividades maiores 55 anos
Actualizado 26 de setembro 2017.
"Dende a Concelleria de Benestar Social e Igualdade, animan á participación neste programa de Envellecemento activo para que os veciños e veciñas de Sada creen novos vínculos de amizades, potenciando así a vida independiente e con calidade das persoas maior?es nos seus propios entornos” destaca a concelleira nacionalista Isabel Reimundez.A concellería de Benestar oferta este ano 240 prazas nas actividades de Ximnasia terapéutica, Taller de reforzo de memoria, Ioga, Pintura, Restauración e Tai-chi.
As actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse diferentes actividades orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.
"Dende a concelleria de Benestar Social e Igualdade, queremos animar á participación neste programa de Envellecemento activo para que os veciños e veciñas de Sada creen novos vínculos de amizades, potenciando así a vida independiente e con calidade das persoas maior?es nos seus propios entornos” destaca a concelleira nacionalista, Isabel Reimundez.
As actividades sociais están dirixidas as persoas que teñan cumpridos os 55 anos, e maiores desa idade. Excepcionalmente poderán participar persoas que, sin acadar a idade de 55 anos, sexan titulares do certificado oficial de minusvalía e acrediten a idoneidade da actividade elixida. Do mesmo xeito, tamén poderán participar persoas que se atopen nunha situación de risco ou exclusión social, previo informe favorable do/a técnico/a dos servizos sociais do concello.
As actividades sociais comenzarán o luns dia 16 de outubro do 2017 e rematarán o venres 29 de xuño do 2018 e realizaranse no Local Social de Riobao (antigua Cámara Agraria) e no local anexo ao servizos sociais comunitarios (A Laguna 44)
Actividades e pre-inscrición
Reforzo da Memoria: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.
Ximnasia Terapeutica: 60 prazas en catro grupos de 15 persoas.
Tai-chi: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.
Ioga: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.
Pintura: 30 prazas en dos grupos de 15 persoas.
Restauración: 15 prazas.
Cada persoa poderá solicitar ata tres actividades diferentes, pero tan só nun horario/grupo de cada unha delas. O prazo ordinario para a pre-inscripción será do 6 ao 15 de setembro do 2017 (ambos inclusive) en horario de 9 a 14 horas. As solicitudes de pre-inscrición presentaranse nas oficinas do concello, no rexistro xeral, no módelo que pode recollerse nesas oficinas e/ou nos servizos sociais do Concello.
A publicación da listaxe provisional de admitidos, excluidos e de agarda, así como do horario das actividades terá lugar o 25 de setembro.Será necesario para que se poida desenvolver a actividade un minimo de 7 participantes.
Na medida do posible, naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, cabe a posibilidade de creación de novos grupos.Cando a demanda sexa superior as prazas ofertadas, as prazas serán cubertas por sorteo público que se realizará o día 21 de setembro as 11 horas no centro de Servizos Sociais.