Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2024 (FOPPSS/2024)

20 / AGO / 2024
Aprobación da modificación dos importes concedidos no Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2024 (FOPPSS/2024),

PRIMEIRO. Por acordo Xunta de goberno do 6 de outubro de 2023 aprobáronse as Bases reguladoras do Programa FOPPSS (FOPPSS/2024): Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2024, publicadas no BOP número 194 do 10 de outubro de 2023.

SEGUNDO. Por resolución da Presidencia número 4622 de 7 de febreiro de 2024 aprobouse definitivamente a concesión de subvencións correspondentes ao Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2024 , na que se contemplaba unha achega de 12,00 € por hora prestada de servizo no Módulo IV: Persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) libre concorrencia. Esta resolución foi publicada no BOP número 30 de 9 de febreiro de 2024.

TERCEIRO. Por resolución da Presidencia número 25066 de 14 de xuño de 2024 modificáronse as Bases do Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2024 (FOPPSS/2024) incrementando a contía a percibir por hora prestada de servizo no Módulo IV: Persoal auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) libre concorrencia de 12,00 €/hora a 14,00 €/hora. Esta resolución foi publicada no BOP número 117 de 18 de xuño de 2024.

Polo que se RESOLVE:

Aprobar a modificación dos importes concedidos no Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2024 (FOPPSS/2024), incrementando 2,00 € por hora concedida de servizo no Módulo IV: Persoal auxiliar do SAF libre concorrencia (de 12,00 €/hora a 14,00 €/hora) a todas as entidades solicitantes. O que supón un incremento total no importe concedido de 791.608,86 €.

Tendo en conta o exposto, os importes concedidos ao CONCELLO DE SADA serán os seguintes: