O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
SAÍDA MEDIOAMBIENTAL Á COSTA DE DEXO (16 MARZO) SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA
SÁIDA MONFORTE DE LEMOS E RIBEIRA SACRA (22 MARZO) - SOLICITANTES CON PLAZA
INSCRICIÓN A ETAP A TELVA - 29 DE MARZO
SALIDAS PRIMER SEMESTRE AÑO 2025
- 16 MARZO - COSTA DE DEXO (MEDIOAMBIENTAL COA SGHN) - ABERTA INSCRICIÓN ATE 12 MARZO - FOLLETO EXPLICATIVO
- 22 MARZO - MONFORTE DE LEMOS E RIBEIRA SACRA (LECER E CULTURAL) - ABERTA INSCRICIÓN ATÉ 13 MARZO - FOLETO EXPLICATIVO
- 29 MARZO - ETAP A TELVA (MEDIOAMBIENTAL) - ABERTA INSCRICIÓN ATÉ 26 MARZO -
- 6 ABRIL - ENCORO ABEGONDO-CECEBRE (MEDIOAMBIENTAL COA SGHN) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 20 ABRIL - TOXOSOUTOS, HISTORIA ENTRE FERVENZAS DE LOUSAME - (SENDEIRISMO) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 3 MAIO - SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, CEDEIRA E PONTEDEUME (LECER E CULTURAL) ´- PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 11 MAIO - ROTEIRO COSTA DOCE (MEDIOAMBIENTAL COA SGHN) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 31 MAIO - ROTEIRO DA AUGA DE ZAS (SENDEIRISMO) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 1 XUÑO - SERRA DO CAREÓN (MEDIOAMBIENTAL COA SGHN) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
- 15 XUÑO - COSTA DE LIRA -CARNOTA (SENDEIRISMO) - PRÓXIMA INSCRICIÓN
TIPO DE VISITAS.
As saídas serán de 3 tipos e coas seguintes características:
Tipo 1: Medioambientais
- Para o coñecemento dos espazos naturais da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
- Son visitas temáticas para o coñecemento e divulgación medioambiental, centradas no estudo da contorna e dos seus recursos naturais. Guiados por expertos en botánica, ornitoloxía, etc.
- 22 prazas por saída
Tipo 2: Sendeirismo:
- Roteiros guiadas por expertos en medioambiente e interpretación do patrimonio para coñecer diferentes recunchos de Galicia á vez que se promove a actividade física e deportiva.
- Duran todo o día, deberá levarse a comida e equipación deportiva necesaria.
- 50 prazas por saída
Tipo 3: Lecer cultural:
- Visitas a poboacións e lugares de interés cultural en Galicia nas que se levará un acompañante durante toda a viaxe.
- Duran todo o día, a comida corre por parte do participante na poboación que se visite.
- 50 prazas por saída
REQUISITOS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
- Tipo 1: adultos en xeral
- Tipo 2: a partir de 12 anos (no caso de menores deben ir acompañados dun adulto responsable)
- Tipo 3: a partir de 12 anos (no caso de menores deben ir acompañados dun adulto responsable)
Terán preferencia no acceso á praza as persoas empadroadas en Sada.
En caso de máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para establecer a orde de adxudicación.
A solicitude pode ser individual ou por dúas persoas, de forma que en caso de sorteo terán o mesmo número.
Para que a saída se realice deberá haber alomenos un 50% de solicitudes en relación ás prazas ofertadas. En caso contrario, a organización resérvase o dereito de cancelala.
PROCEDEMENTO, PRAZOS DE SOLICITUDE E ADXUDICACIÓN:
A solicitude deberá realizarse:
- Online: formulario na web municipal
- Aquelas persoas que teñan dificultades para poder realizar a xestión online, poderán acudir á Oficina da Xuventude onde serán asistidas neste trámite.
- Prazos de solicitude: cada saída terá un prazo de solicitude diferente que será especificado previamente na publicidade mensual de saídas.
Adxudicación de prazas:
- - Directa: en caso de que haxa menos solicitudes que prazas dispoñibles.
- - Sorteo: en caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, tendo en conta que terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.
- - A listaxe de persoas con praza adxudicada e listaxe de agarda se fose o caso, será publicado na web municipal como mínimo, 3 días antes da saída.
Se algunha saída ten prazas dispoñibles unha vez rematado o prazo de solicitude poderá seguir incorporando participantes até cubrir as vacantes.
PARTICIPACIÓN RESPONSABLE
En caso de que as persoas con praza adxudicada non poidan acudir á saída, deberán comunicalo cun mínimo de antelación de 48h, para facilitar a incorporación doutras persoas da listaxe de agarda.
O feito de non acudir á saída e non comunicalo en tempo e forma, implica a imposibilidade de poder obter praza na seguinte solicitude, sendo incluida esta persoa de forma directa na listaxe de agarda.
NORMAS E CONDICIÓNS DESTAS ACTIVIDADES
As persoas asistentes á actividade deberán cumplir coas normas establecidas por parte da organización e as puntuais que sexan especificadas nos buses por parte dos guías-acompañantes. Estas normas enténdese que son asumidas polos solicitantes polo só feito de inscribirse.
A organización resérvase o dereito de admisión daquelas persoas que non acepten ou incumplan a normativa, provocando altercados que poidan incidir negativamente no desenvolvemento da actividade e na convivencia co resto do grupo.
As actividades están suxeitas ás condicións do medio, co cal poden sufrir cambios antes ou incluso durante as mesmas por causas sobrevidas (meteoroloxía, incidencias, etc)
Os participantes teñen a obriga de informar sobre o seu estado físico ou eivas que lles dificulten a realización da actividade ou empeorar as condicións dalgunha doenza que padezan. Así mesmo, comprométense a non estar baixo os efectos do alcohol, drogas e/ou estupefacientes.
Durante a actividade respectaranse en todo momento as indicacións dos guías en materia de seguridade