PROGRAMACIÓN DE ACTOS EN SADA POLO DÍA DO LIBRO 2021

09 / ABR / 2021

PROGRAMACIÓN DE ACTOS EN SADA POLO DÍA DO LIBRO 2021

O vindeiro venres 23 de abril celébrase o Día do Libro e desde a concellaría de Cultura prográmanse diversas actividades durante todo este mes para fomentar a lectura, a escrita, aos nosos e nosas escritoras e render homenaxe a escritores que faleceron nesta data.

PROGRAMACIÓN:

10 abril:

  • Obradoiro de escrita creativa.  On-line. Sábados de 10.30 a 12.00h: 10, 17, 24 de abril e 1, 8 de maio. Máis información

19 abril

23 abril:

  • 18:00h  - Teatro infantil.  Quixote.  Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns. Máis información

24 abril:

11.30 a 13.30.  Descobre as personaxes que saen a rúa

O día 24 de abril de 11.30h a 13.30h, voltaremos a celebrar o Día do Libro nas rúas de Sada. Déixate levar pola fantasía dos libros e permite que as súas personaxes salten das páxinas e paseen polas rúas da nosa vila. Queres coñecelas? Que trepidantes historias nos contarán? Dende as nosas redes sociais iremos desvelando onde poderás atopalas...

12:00 - O principito. Escola de Danza Carmen López. Praza Suárez Picallo . Máis información

18:00 - Presentación de  "A miña primeira novela de..." . Auditorio da Casa da  Cultura Pintor Lloréns. 

Coa participación de : Alba Rozas (directora da colección e autora de A Caída de Guiomar), Vanesa Santiago (autora de As probas do Mago),  Tomás Rivera (autor de Pegadas de Búfalo), José Manuel Dopazo (revisor lingüístico) e Manuel Pérez (Asociación Irmáns Suárez Picallo)

25 abril:

  • 20:00 - Teatro familiar. Os nenos da variola. Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns. Máis información

Durante o mes de abril 

  • Concurso bookstagramers en redes sociais. (Bases de participación proximamente)