Promoción Económica aumenta o control do Feirón

29 / NOV / 2017

Promoción Económica aumenta o control do Feirón

- A concellería de Promoción Económica prepara xa a nova licitación dos postos do Feirón para o ano 2018.

 

Sada, 28 novembro 2017

O feirón de sada conta desde o pasado sábado 18 de novembro con novas medidas de control e supervisisón promovidas pola concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, que dirixe o edil Liss Becerra.

"O feirón é básico para Sada por iso ten que ser un modelo de organización, xestión e seguridade para todos: feirantes, veciños e por suposto comerciantes" afirma o concelleiro, quen ademáis engade "tanto os servizos económicos coma a Policía Local ou o peroal da área están a traballar arreo para chegar a cumprir estes obxectivos”.

Estes cambios introducidos nas dúas últimas semanas fan que “o feirón sexa hoxe máis seguro e ordenado grazas ao reforzo de efectivos da Policía Local  e de servizos de control" incide Becerra, quen adianta que estas medidas manteranse ata o remate da campaña de Nadal.

“O comercio e a hostalería sadenses, indica o concelleiro  son o motor fundamental da nosa economía. Por experiencia como comerciante sei o que todas e todos nos xogamos nesta campaña. Temos que prestar especial atención ao tipo de produto vendido, permisos de venda, metros ocupados ou mesmo á trazabilidade do exposto no feirón pois todos debemos competir en igualdade de condicións. Sada necesita un feirón á altura dos seus veciños e veciñas, dos seus empresarios".

Esta iniciativa e continuadora doutras coma a regularización  dos pagos no feirón que "o goberno do Partido Popular deixou de xestionar e que  provocou que nos atopáramos con preto de 30 mil euros en atrasos de pagos que actualizamos de inmediato”.  “Existía unha clara deixación de funcións e deslealdade cos comerciantes sadenses  que rinden escrupulosamenete contas e iso non o podemos tolerar" inisite o edil de Promoción Económica. 

Con vistas a 2018 implementaranse máis medidas tendentes á modernización da feira sen descoidar os aspectos citados e "comezaremos a preparar a nova licitación para así deixar ao feirón coma merece" finaliza dicindo Becerra.

Arquivado en