PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AO TECIDO HOSTALEIRO DE CARA A ORGANIZACIÓN DOS VINDEIROS EVENTOS GASTRONÓMICOS

25 / SEP / 2020

PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AO TECIDO HOSTALEIRO DE CARA A ORGANIZACIÓN DOS VINDEIROS EVENTOS GASTRONÓMICOS

A reunión terá lugar o luns 28 de setembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada.

Sada, 25 setembro 2020.

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 28 de setembro, ás 11:00 horas na Axundatía, para expoñer e consensuar os cambios que adapten os diferentes eventos gastronómicos que se viñan organizando desde o Concello á nova normalidade imposta polo contexto sanitario e a covid-19.

Co obxetivo inmediato de levar a cabo o que sería o VIII Outono de Tapas como medida de dinamización dun sector especialmente perxudicado pola crise do coronavirus, á reunión está chamado todo o tecido hostaleiro local para aportar calquer suxerencia ao respecto e facer do mesmo un evento seguro e exitoso.

Para os locais de hostalería interesados en participar no evento que non poden asistir presencialmente habilitarase a opción telemática ou a opción de poñerse en contacto directamente a través do teléfono da Oficina de Turismo (638421054) ou do enderezo electrónico: turismo@sada.gal

 

 

Arquivado en