- O primeiro paso a realizar é a ampliación do convenio existente entre a asociación e o concello que permite afondar nas relacións entre ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.
- Tanto Fernando Ucha como o concelleiro do BNG, Suárez Becerra, comparten a visión de que a situación actual do comercio e a hostalería local é mellorable dende o punto de vista da creación dun proxecto de dinamización que beneficie a PEMES, autónomos e, por descontado, aos veciños en xeral.
Sada 21 xuño 2017
O presidente da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas, Fernando Ucha, e o concelleiro de Promoción Económica, o nacionalista Liss Suárez Becerra, mantiveron á súa primeira reunión. Na conversa acordouse manter unha relación fluida entre ambas entidades xa que a promoción do comercio en Sada ten que ir da man, apoiarse nas novas tecnoloxías e facer campañas para o fomento da compra en pequenos locais.
Nesta primeira xuntanza cos empresarios locais, logo de que o anterior presidente da Asociación romperá relacións unilateralmente co Concello de Sada, acordouse como primeiro paso é ampliación do convenio existente entre a asociación e o concello e que permite afondar nas relacións entre ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.
Ambos responsables apostaron por continuar coa organización conxunta de eventos para os cales decidiron ter contactos periódicos e poder fixar así obxetivos conxuntos.
Tanto Fernando Ucha como o concelleiro do BNG comparten a visión de que a situación actual do comercio e a hostalería local é mellorable dende o punto de vista da creación dun proxecto de dinamización que beneficie a Pemes, autónomos e, por descontado, aos veciños en xeral.
Finalmente neste primeiro contacto tamén se destacou a necesidade de crear dinámicas de emprego de calidade, unha maior integración da muller e dos xoves no mundo laboral e apostar, en definitiva, polas iniciativas que están nacendo en Sada e que poden verse impulsadas polos empresarios e polo concello unindo experiencia e traballo.