A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimundez, e o Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Liss Becerra, participaron na sede de Aspace en Casteliño nunha xornada organizada polo GDR Mariñas- Betanzos e Aspace centrada nas medidas Leader 2014-2020 e nas axudas para o emprendemento e as iniciativas sociais.
Sada, 30 novembro 2017
Nas distintas mesas e charlas nas que participaron os concelleiros do BNG intercambiáronse ideas sobre estratexias a seguir dentro do grupo de desenvolvemento rural para buscar finaciación a proxectos que sirvan para dinamizar económicamente o terrritorio, facelo accesible para todo tipo e persoas con capacidades especiais o que se traducirá nunha creación de emprego clara e un enriquecimento para emprendedores e colectivos diversos.
"A accesibilidade cognitiva ou calquera tipo de accesibilidade son fundamentais para o desenvolvemento pleno dos colectivos menos favorecidos polo que é fundamental presentar proxectos dentro das medidas Leader que se centren en iniciativas similares ás que Aspace ven realizando estes anos” indicou Isabel Reimundez quen ademáis pensa que “é fundamental seguir traballando na inclusión para conquerir unha sociedade máis xusta e igualitaria".
Pola súa banda o concelleiro Liss Becerra anunciou o acordo de “establecer unha estratexia común con socios do GDR coma Aspanaes, Pai -Menni ou Aspace co fin claro de ser quenes de promover proxectos bandeira, sosotibles e viables que enriquecerán o espazo rural que comprende As Mariñas Betanzos”. A intención do Concello de Sada “é presentar proxectos neste sentido de cara a 2018 apoiando ao mesmo tempo os que aquí compartiron hoxe con nós".
A xornada,que tamén serviu para establecer unha periodicidade na celebración da mesma, contou coa participación de colectivos coma Agarimo, Aspronaga e representantes de concellos coma Oza-Cesuras ou Arteixo.