A Concellaría de Promoción Económica que dirixe Liss Becerra(BNG) leva ao pleno de hoxe a nova Ordenanza de Venda Ambulante.
Sada 27 de outubro
Esta nova ordenanza persegue a intención prantexada polo departamento relativa á necesidade de modernizar e darlle soporte regulamentario á actividade que se desenvolve nas rúas de Sada todas as tardes dos sábados.
“Entre as novidades máis destacadas que contempla a norma está o ámbito territorial onde se desenrola este mercado semanal pois temos a intención a curto prazo de ampliar o Feirón nás rúas Miño, Cortaduría e 1ª Travesía da Obra mentres que a medio e longo ampliarase á Tenencia con Artesanía e produto ecolóxico á traseira da Praza da Igrexa Nova” afirma o Concelleiro.
A reordenación por cadrantes para montaxe e desmontaxe é outra das novidades xa que o Servizo de Emerxencias Municipal e a Policía Local en coordinación con Promoción Económica detectaron a necesidade de dotar de maior seguridade e orde a estes procesos.
“Temos especial preocupación en que a armonía entre ambulantes e comerciantes de Sada chegue a ser maior se cabe polo que tamén velaremos a partires de agora para que os postos de venda ambulante non se sitúen en acceso a edificios públicos, establecementos comerciais ou industriais, nin diante dos seus escaparates e exposicións, nin en lugares que dificulten estes accesos e a circulación peonil ou de vehículos co fin de evitar, na medida do posible, molestias aos veciños e comercio local;a instalación dos postos se fará de forma escalonada, e por cadrantes. Así consta na Ordenanza” asegura o edil nacionalista.
O centenar e medio de postos cos que conta o Feirón tamén serán reaxustados en tamaño e ubicación unha vez sexa licitados de novo tras a aprobación da normativa co fin de” reordenar a praza de España ou Linares Rivas, pulmóns comerciais de Sada que necesitan dun especial coidado pola nosa parte”
O texto aposta tamén pola defensa da calidade dos productos e a defensa da Propiedade Industrial xa que no artigo 2.4.1.h) advírtese sobre a perda da autorización para a venda a quenes o incumpran. “Trátase dun artigo fundamental nesta ordenanza pois teño a firme determinación de loitar contra a gran cantidade de licencias falsificadas que circulan hoxe en día en feiras coma a nosa.Non podo permitir que se faga unha competencia fraudulenta que perxudica economicamente aos comerciantes de Sada. Esta Ordenanza é un paso máis cara á racionalización do Feirón baseado na necesidade de potencialo coma o foco de atracción de visitantes que sempre foi desde que a Asociación Castelao dirixida por Lito do Moby Dick púxoo a andar en 1977.
A Feira que nos atopamos cando entramos a gobernar arrastraba impagos de case tres anos en máis do 60% dos postos,desorganización e ausencia de xestión pois o goberno que presidía o PP amosou unha desidia extrema con respecto ao que debe seguir sendo un referente para todos os visitantes”.
Finalmente,a concellaría que dirixe Liss Becerra apela ao compromiso de todas a forzas para sacar adiante unha proposta que supuxo un traballo intenso e profundo de todo persoal da área e tamén dos servizos económicos do Concello