30 / XUN / 2017
Este sábado "Queiroa na rúa" polas rúas de Sada. Cunha mostra do seu folclore.
Visitarán as rúas máis céntricas para o deleite de veciñas, veciños e visitantes. Comeza ás 12, en lugar da hora marcada no cartaz.
Ás 12:00 h teremos Pandeiretas, Gaitas e Baile a cargo de Queiroa na Praza de San Roque.
Ás 12:30 h a Escoliña na Praza de Correos.
Ás 12:45 h exhibición pola rúa da Praia e ás 13:15 h continuarán polo Boulevard da Terraza.
Concertos no Paseo Marítimo ás:
20:00 horas - Queiroa e Son d`Aquí
22:00 horas - "Tonecho Castelos & Pablo Esqueira" e Promordiais
Organiza: Queiroa e Concellería de Cultura de Sada
Colabora: Deputación da Coruña