Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

31 / MAI / 2019

Queiroa na Rúa encherá Sada de cultura tradicional o sábado 6 de xullo

Un desfile de 70 artistas tocarán, cantarán e bailarán polas rúas de Sada durante a mañá na antesala do Festival Tradicional e o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

Sada, 5 xullo 2019.

Mañá sábado 6 de xullo a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa e o Concello de Sada programan "Queiroa na Rúa" un evento para amosar a nosa cultura tradicional.

As actividades comezarán as ás 12:00 da mañá cun desfile por diferentes zonas de Sada, onde realizaranse varias paradas para botar unhas pezas. Máis de 70 artistas, desde as máis pequenas ata as máis grandes da Asociación Queiroa, tocarán, cantarán e bailarán polas rúas de Sada.

O desfile comezará na Casa da Cultura e farase a primeira parada na Praza da Pescadería. Continuará o desfile pola Tenencia ata alcanzar a Praza de San Roque, e farases outra paradiña na esquina entre a rúa Lagoa e a rúa Río. Seguirá a andaina cunha última parada no Boulevard fronte A Terraza.   

Ás 20:00h, detrás da terraza, dará comezo o Festival Tradicional, para o cal contarase coa presenza da Asociacion Cultural Retranqueiros ademáis da Agrupación Queiroa. E para darlle remate ao día, ás 22:00h, teremos en Sada o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

 

Arquivado en