Teléfonos de incidencias, recomendacións e cancelación de actividades.
TELÉFONO ESPECIAL DE INCIDENCIAS
O Concello de Sada, ante a Alerta Vermella de vento prevista para esta tarde, habilita un número de teléfono especial para comunicacións de incidencias, ademáis do da Policía Local e o 112.
- TELÉFONO INCIDENCIAS- 881 895 244
- POLICÍA LOCAL - 629 572 289
- SEM - 607 438 457
Co paso das horas, as condicións meteorolóxicas empeorarán no norte da provincia da Coruña, isto é, desde a Costa da Morte ata Estaca de Bares, onde se activará a alerta VERMELLA. Nestas zonas, os refachos de vento serán furacanados ata o punto de alcanzar os 140km/h.
Desde o Concello de Sada incidimos en que se tomen todas as precaucións posibles para esta tarde.
CANCELACIÓN DE ACTIVIDADES
Debido ao temporal lembramos que quedan canceladas actividades programadas para hoxe:
- Feirón. Non se celebrará o tradicional mercadillo na tarde de hoxe e se prohibirá a venta ambulante.
- Roteiros Saudables. O roteiro programado para esta mañá en Soñeiro suspéndese para salvagardar a integridade de todas e todos os participantes.
- Pista Patinaxe. A carpa situada detrás do edificio da Terraza estará pechada durante todo o día de hoxe.
- Elfos Carteiros. A visita programada dos Elfon Carteiros para os días 21, 22 e 23 de decembro nas parroquias de Sada queda suspendida. Programarase a partir de xaneiro a visita dos paxes reais nas parroquias.
- Casiña Papa Nöel. Se pecha a Casiña Papa Nöel situada no Boulevard das Mariñas durante toda a xornada.
- Papanoelada Moteira. Cancélase a parada moteira prevista ás 17:50 na carpa situada detrás do edificio de A Terraza. Ademáis non estará instalado o punto de recollida da Cruz Vermella na carpa.
- Actividades deportivas. Se suspenden todas as actividades deportivas ao aire libre a realizar en instalaciones deportivas do Concello.
RECOMENDACIÓNS Á POBOACIÓN
O vento pode provocar diversas situacións que poden poñernos en perigo. Por iso, le con atención e adoptas as medidas de protección mentres dure este episodio adverso do máximo nivel de alerta.
Que podemos esperar?
- Vías cortadas por vexetación, cascotes e mobiliario urbano
- Desprendementos de tellados, cornixas ou outros elementos de construción
- Caída de estruturas, tales como estadas, guindastres, etc.
- Bandazos e dificultade para avanzar ao conducir
Como podemos reducir riscos?
- Non te despraces
- En caso estritamente necesario, agarra con forza o volante ao conducir
- Camiña afastado de edificios ou estruturas
- Nunca subas a lugares altos ou te aproximes a cantís
Alcanzamos a máxima alerta no mar e iso provocará certas situacións de perigo que debemos ter en conta para protexernos.
Que podemos esperar?
- Ondas moi altas e vento moi forte
- Embarcacións ou outras estruturas marítimas á deriva
- Desbordamentos e inundacións pola chea da marea
- Obxectos e mobiliario urbanos arrastrado polo mar
Como reducir os riscos?
- Non saias navegar, pescar ou practicar deportes acuáticos
- Afástate dos paseos marítimos, diques, rompentes, praias, cantís
- Respecta os cordóns de seguridade e as indicacións dos axentes
- Por moito que a ondada e asombre, nunca pares a tomar fotografías
A suba inesperada dos caudais dos ríos pode dar lugar a desbordamentos puntuais e, consecuentemente, a inundación eventual dun terreo, un espazo urbano ou propiedades. Por iso, le con atención esta información para saber como actuar en casos coma estes.
Que podemos esperar?
- Suba repentina do caudal dos ríos
- Desbordamentos puntuais e inundacións eventuais de terreos, espazos urbanos e propiedades
Como reducimos riscos?
- Abandona as actividades que poidas estar realizando nos espazos fluviais
- Retira vehículos da marxe dos ríos
- Evita atravesar pontes ou torrentes
- En caso de que a auga alcance o teu vehículo, sae e sitúate nunha parte alta