REDACCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) DO CONCELLO DE SADA

17 / NOV / 2020

REDACCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) DO CONCELLO DE SADA

Sada está a redactar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

Sada, 17 novembro 2020

O Pleno do Concello de Sada aprobou en sesión celebrada o pasado 29 de agosto de 2019 a súa adhesión ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía en calidade de asinante.

Para alcanzar os obxectivos do devandito pacto, o Concello de Sada comprometeuse a redactar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión.

Para tal efecto, a Orde do 5 de maio de 2020 estableceu as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (DOG nº 93 14/05/2020).

O Concello de Sada xa está a rematar os traballos de redacción do dito plan despois de obter a correspondente concesión da axuda para a asistencia técnica ao abeiro da orde citada.

Unha vez finalizado, elevarase ao Pleno para a súa aprobación.

Arquivado en