Debido á celebración o vindeiro domingo 18 de xuño do III Tríatlon de Menores a concellaría de Deportes realiza as seguintes recomendacións de circulación.
Estarán pechados ao tráfico rodado os dous viarios da Avenida da Mariña entre a glorieta norte e a Casa da Cultura. Igualmente permanecerá pechada a Avenida do Porto en todos os sentidos de circulación. Esta restrición comezará ás 8:30 horas ata as 13:00 horas do domingo 18 de xuño.
Habilitarase dobre sentido de circulación na Avenida da Mariña entre a glorieta norte e o Hotel polos viarios máis próximos ás edificacións.
O corte de tráfico da Avenida do Porto producirase ás 08:45 horas. Desde ese momento e ata as 13:00 horas aproximadamente, permanecerá CORTADA AO TRÁFICO A AVENIDA DO PORTO sen posibilidade de acceso nin a garaxes nin as instalacións (exceptúanse vehiculos de emerxencia).
As paradas de Autobús situadas diante do edificio do Concello de Sada (Avenida da Mariña) e á entrada do aparcadoiro fronte ao edificio do Concello de Sada (Avenida da Mariña) quedan inhabilitadas desde as 08:45 ata as 12:00 horas. Recoméndase a utilización das paradas da Igrexa Nova e a de diante do Hotel.
O concello de Sada solicita a máxima colaboración dos usuarios para un bo desenvolvemento da proba deportiva.