RESTRICIÓNS COVID EN SADA A PARTIR DO 22 OUTUBRO 2020

22 / OUT / 2020

RESTRICIÓNS COVID EN SADA A PARTIR DO 22 OUTUBRO 2020

O DOG 212/bis (21/10/2020) vén de publicar as restricións que afectan a comunidade nos vindeiros 14 días. Resumimos as que afectan a nosa localidade.

DESCARGA O DOG DO 21/10/2020

Sada, 22 outubro 2020

Con cantas persoas me poderei reunir desde este xoves?

A partir do xoves 22/10 as reunións sociais quedan limitadas a un máximo de cinco persoas en toda Galicia.

Podo ir traballar, ao colexio ou á universidade con normalidade?

Si. Acudir a clase e ao traballo continuarase a facer en toda Galicia como até agora, sempre seguindo todas as medidas de prevención establecidas: máscara, distancia e lavado frecuente de mans. Tampouco será de aplicación nas actividades de formación regulada, as ocupacionais e as administrativas.

Até cando estarán tan limitados os contactos sociais?

Tanto o límite de reunións sociais como o resto de medidas adoptadas estarán en vigor durante 14 días.

Que máis limitacións existen?

A capacidade de comercios, restauración e lugares de culto quedan limitados ao 50 %. Un límite que aumenta até o 75 % nas terrazas. Ademais, está prohibido o consumo en barra. En canto ás vodas, os asistentes non poderán superar os 100 se se celebraren en exterior e os 50 en interior. Para enterros e velorios serán 25 persoas ao aire libre e 10 en espazos pechados. Os encontros deportivos poderán reunir a 150 espectadores ao aire libre e 60 en interior.

E o Feirón, como queda?

Sada celebrará o Feirón do sábado reducindo os postos ao 50%.

Arquivado en