A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego en colaboración cos hostaleiros e hostaleiras participantes, programa o Roteiro Gastronómico Outono de Tapas 2022.
O roteiro do Outono de Tapas ven súmase a outros eventos gastronómicos que se veñen realizando na localidade de Sada. Organízase cos seguintes obxetivos:
- Promocionar os produtos de Sada e con iso a propia cultura e turismo da localidade, mediante un roteiro gastronómico.
- Impulsar a promoción do sector da hostalería e o seu atractivo para a veciñanza e visitantes.
- Consolidar os eventos gastronómicos de cara a edicións posteriores.
- Impulsar a calidade e orixinalidade da oferta gastronómica local.
A Ruta Gastronómica do Outono de Tapas terá un carácter aberto á participación de todas as persoas físicas e xurídicas que desenvolvan unha actividade hostaleira no Concello de Sada.
Todos os participantes na Ruta gastronómica do Outono de Tapas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría do Concello de Sada que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.
- Cada establecemento presentará como mínimo 1 tapa de cociña con produtos naturais de tempada propias do outono decorada coa temática do Samaín.
- O prezo da tapa será de 2€ IVE incluído (consumición aparte). O prezo establecido é un prezo promocional de obrigado cumprimento durante o concurso.
- Os establecementos participantes deberán ter a tapa presentada a disposición do público entre os días 28 de outubro e o 1 de novembro en horario de mañá, tarde ou noite segundo os horarios de cada local.
- Os establecementos participantes deben de cumprir a normativa legal vixente en materia de seguridade alimentaria en todos os procesos de elaboración das súas propostas.
Terán a consideración de participantes no concurso todos aqueles establecementos que:
- Entregasen o boletín de inscrición e a ficha técnica da receita da tapa.
- Conten co visto e prace, atendendo ao regulamento e á calidade do evento, do departamento organizador do concurso.
- Os e as participantes, incluiranse nun folleto xunto coas propostas presentadas. Este folleto servirá de referencia ao público para situar e coñecer os establecementos candidatos e a súa oferta de degustación.
CALENDARIO DE PARTICIPACION.
O roteiro gastronómico terá lugar durante os días 28 de outubro e 1 de novembro en horario de mañá (12 a 15 horas) e/ou de tarde (19 a 22h horas aproximadamente).
ACEPTACIÓN DAS NORMAS DE PARTICIPACIÓN.
A firma da solicitude de inscrición implica a aceptación de todas e cada unha das presentes normas de participación e en particular:
- Os participantes terán a obrigación de servir as tapas presentadas na solicitude durante os días programados.
- Manter en sitio visible para a clientela as tapas ofertadas e o material gráfico da campaña.
- Manter o prezo único para as tapas acordado pola organización.
PREZOS DAS TAPAS.
O prezo das tapas é obrigatorio para todos os establecementos participantes no concurso e será de 2€. O prezo do resto de produtos ofertados (tapas non participantes no concurso, racións, pratos elaborados, bebidas, etc.), serán libremente fixados polos establecementos participantes, conforme á lista de prezos que os establecementos deben ter expostas ao público.
PRAZO DE INSCRICIÓN.
As solicitudes de participación (Anexo I) serán entregadas no Concello de Sada entre o 7 e o 17 de outubro a través, preferentemente a través do rexistro telemático da Sede Electrónica do Concello de Sada de acordo co art. 14 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que obriga as persoas xurídicas a relacionarse electrónicamente coa administración. O listado de establecementos admitidos publicarase na páxina web do Concello o día 21 de outubro.
PREMIOS.
Para incentivar a participación de veciñanza e visitantes repartiranse vales de rasca e gana coas consumicións ata fin de existencias. Entre os premios aos participantes haberá camisolas, bolsas, paraugas e outros obxectos promocionais do Concello de Sada.
DIFUSIÓN
O Concello de Sada deseñará o cartaz e o folleto do roteiro gastronómico e financiará a súa impresión e reparto entre os mesmos. O Concello promocionará a través da súa páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, etc) o evento. Enviará información á prensa comarcal e colocará material gráfico en puntos estratéxicos de Sada anunciando a Ruta gastronómica do Outono de Tapas.