Roteiros en vela

23 / XUN / 2021

Roteiros en vela

A actividade de “Roteiros en vela” vai dirixida a todos aquelas persoas interesadas pola mesma , promovida pola Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, para dotar as persoas dunha actividade fundamental para motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo dita actividade ao seu alcance e facilitando o coñecemento da nosa única e inigualable ría.

A actividade de “Roteiros en vela” está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos.Poderán asistir menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal e menores de 16 anos baixo a supervisión e coidado do seu pai, nai ou titor legal.

Requisitos para a práctica

Grupo mínimo de 4 persoas por saída.

Grupo máximo de ata 8 persoas por saída.

Recomendación dunha mínima habilidade no nado.

Requisitos para os inscritos

Ter 18 anos cumpridos ao remate do prazo da solicitude, así como ter cumpridos os 16 anos o día anterior do prazo da solicitude xunto coa autorización por parte do pai, nai ou titor legal.

Os menores de 16 poden inscribirse acompañando a solicitude dun maior de idade, sendo este último o seu pai, nai ou titor legal.

Non ter débedas co Concello de Sada en anteriores actividades organizadas polo mesmo.

Temporalización

Inicio da actividade: 3 de Xullo de 2021

Sábados e Domingos: de 10:00 a 14:00 h

Sábados e Domingos: de 16:00 a 20:00 h

A actividade respectará os festivos locais, autonómicos e nacionais.

A práctica e percorrido estará suxeito ás inclemencias meteorolóxicas.

Punto de práctica:

Porto e ría de Sada.

O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios, profesorado, etcétera, que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos, así como incluír outras novas.

Forma de inscrición e prazo de presentación

Ingreso de 20€ correspondente a saída de 4 horas en calquera dos horarios por participante, na conta bancaria ES4020805161853110007604.

Entregar xustificante do pago en Rexistro Municipal aportando fotocopia do DNI de todos os participantes, ou Libro de Familia no caso de non dispor do documento nacional de identidade.

Prazo aberto dende o 21 de Xuño de 2021e pechará o 24 de Setembro de 2021, coa posibilidade de reservar as saídas en horario de fins de semana ata o 26 de Setembro de 2020. Necesidade de avisar cunha antelación de 5 días ante a imposibilidade de acudir a unha saída pagada e programada.

a) A adxudicación das prazas aos participantes levarase a cabo exclusivamente por orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello ata esgotar a limitación do aforo.

b) Esgotada a limitación do aforo, crearase unha listaxe de reserva coas persoas interesadas, no caso de que existise algunha cancelación nas saídas.

Prezos e período de pagamento

Establécense un pago único por participante de 20€, segundo a ordenanza reguladora de prezo público. O prezo inclúe bebida e aperitivo saudable.

 

 

Arquivado en