A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza os Roteiros Saudables, co obxecto de dotar aos veciños e veciñas dunha actividade amena, instrutiva e áxil para motivar e mellorar a vida e os coñecementos sobre o noso Concello.
Ficha inscrición Roteiros Saudables
A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado programa unha nova actividade de roteiros saudables dirixida a todos aqueles veciños do municipio e arredores, na que terán prioridade os empadroados no Concello de Sada.
Desde a concellería se ofertan 80 prazas. Serán requisitos para poder apuntarse ser maior de 18 anos aínda que excepcionalmente poderán asistir tamén os menores de entre 16 e 18 anos e os menores de 16 anos, acompañados por un adulto, ambos baixo a autorización correspondente.
O inicio da actividade será o 5 de outubro do 2019 rematando en xuño do 2020. Se programará un roteiro ao mes en horario de sábado pola mañá en cada parroquia e un roteiro grupal ao mes en horario de sábado tarde ou domingo mañá noutro lugar do Concello, no que se contará coa asistencia dun biólogo para dar a coñecer a nosa preciosa flora e fauna das Mariñas
Forma de inscrición e prazo de presentación.
As solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O prazo de presentación estará aberto dende o 25 de setembro do 2019 e ata cubrir o límite de prazas ofertadas. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de presentación das solicitudes e logo de comprobar que se cumpren os requisitos esixidos nestas Bases. O prazo para a incorporación de novos participantes poderá facerse dende o comezo da actividade ata o seu último mes, sempre baixo os requisitos apuntados nestas