SÁBADO 27 DE MAIO - ANIMACIÓN Á LECTURA CON CANS NA BIBLIOTECA

23 / MAI / 2023

SÁBADO 27 DE MAIO - ANIMACIÓN Á LECTURA CON CANS NA BIBLIOTECA

O programa de animación á lectura con cans, para nenas e nenos de 6 a 11 anos, volve á Biblioteca Municipal o sábado 27 de maio en dous turnos: de 10.30 á 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas

Pinche aquí para abrir o formulario de inscrición en liña do 18 ao 25 de maio

Prazas limitadas. Terán preferencia soci@s empadroad@s en Sada entre 6 e 11 anos, aínda que tamén poderán inscribirse prelector@s de 4 ou 5 anos. O requisito é saber ler. Nas sucesivas sesións terán preferencia na adxudicación de prazas @s nen@s que cumpran estes requisitos e non obtiveran praza nas anteriores.

A actividade realizarase en dous turnos de seis nen@s cada un: un ás 10:30 e outro ás 11:30 hrs. O turno será adxudicado pola biblioteca e confirmado no correo electrónico. 

A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda. A confirmación de praza realizarase mediante a través do correo electrónico . 

O formulario pecharase o 25 de maio ás 14:00 hrs.

A cumprimentación do formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza.

Se non pode asistir, avise á biblioteca coa suficiente antelación para que a súa praza pase a outra persoa. 

Actividade exclusivamente infantil (os pais non estarán na sala).

Durante o desenvolvemento da actividade cumprirase con toda a normativa vixente en relación á actual situación sanitaria.

 

QUE É R.E.A.D.?

O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais

É un programa de lectura con cans adestrados especialmente para ler con nenos. R.E.A.D. naceu en EE.UU. no ano 1.999.

Os seus creadores ? Intermountain Therapy Animals ? foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo.

Arquivado en