SADA 24 BARS - BATALLA FREESTYLE

13 / XUL / 2024

SADA 24 BARS - BATALLA FREESTYLE

O sábado 13 xullo a partir das 17.00 nas Pistas polideportivas do Paseo Marítimo e dinamizado por Gallos del Norte, terá lugar SADA 24 BARS

A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, programa SADA MÓVESE 2024, diversas actividades de lecer para a cidadanía que terán lugar no mes de xullo. Entre esas actividades prográmase a primeira plataforma social de FREESTYLE que aposta polo talento na nosa terra a varios niveis. A disciplina freestyle é aquela na que dous rapeir@s umprovisan sobre unha instrumental de hip hop. Tamén é unha ferramenta social de inclusión que aporta valor á sociedade. Da conciencia, entretén e crea pontes entre diferentes colectivos e persoas cun sinfín de recursos como a creatividade, o pensamento crítico, a música, a linguaxe e as emocións, entre outros. Proposta aberta á participación da mocidade e adultos interesados.

INSCRICIÓN GRATUITA - 16:00-16:30 HORAS

INICIO: 17:00 HORAS

PREMIOS: 

  • 1º  PREMIO: CUPO GB GALICIA 2024/CUPO MBR INTER (VIAJE CUBIERTO)
  • 2º PREMIO: CUPO GB GALICIA 2024

JUECES: YOSUA/CASTRO/BMD/KRADEN/JAVI

DJ: AFFAIR

HOST: MEIGA ESCARLATA / CLAUDINHO

SHOWCASES: KUE /LEMURES

Arquivado en