-No último ano en municipio sadense rexistrou un aumento do 6,25% de afiliacións á Seguridade Social con 238 altas o que lle coloca no primeiro lugar da comarca por diante de Oleiros, A Coruña, Cambre e Arteixo.
Sada, 22 febreiro 2019.
Desde o mes de xaneiro de 2018 ao mes de xaneiro de 2019 Sada rexistrou un total de 238 altas de afiliados á Seguridade Social segundo os datos do propio ente. Esta subida anual supón un 6,25% de variación con respecto ao pasado ano que pon ao municipio sadense á cabeza de afiliacións na área metropolitana.
Dos municipios que aumentan afiliacións Sada faino cun 6,25%, seguido de Oleiros cun 5,56%. Séguenlles A Coruña cun 2,46%, Cambre cun 2,23%, Betanzos cun 2,01€, Carral cun 1,66% e Arteixo cun 1,52%.
Os bos datos de Sada son unha evolución dos últimos anos. O Instituto Galego de Estadística otorgaba un alza dun 3% de traballadores no municipio no pasado ano, que ascendía a un 10% no periodo 2015-2018. Dato tamén moi positivo logo das caídas constantes de emprego no municipio na última década.
Sada 4º municipio de Galicia en renda por habitantes.
A boa evolución nos datos de afiliados á Seguridade Social son síntoma tamén dos datos publicados polo INE que coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante. Sada ocupa o posto 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€, sendo cuarto concello de Galicia na súa categoría que lle corresponde por habitantes (10.000-40.000).
Sada recupera poder adquisitivo nos últimos anos logo dun periodo nefasto 2009-2014 onde a renda dispoñible bruta por habitante do Concello de Sada non deixou de caer sendo o ano 2014 o rexistro máis baixo da última década.
Os datos que publicou o IGE (Instituto Galego de Estadística) indican que desde o ano 2015 as familias de Sada teñen un maior poder adquisitivo ao elevarse o dato de renda con respecto ao ano anterior. Estes datos frenan unhas perdas contínuas de poder adquisitivo dos habitantes de Sada desde o ano 2010 que se acentuaron ata o ano 2014. Segundo o IGE a diferencia de renda 2007-2015 foi de -651€ e iso contando que o ano 2015 foi o primeiro da recuperación logrando aumentar a renda con respecto aos anos anteriores. A mellora no 2016 na renda aumentou tamén a diferenza entre afiliados e pensionistas siendo de 2.053 a favor dos afiliados.