Co gallo da celebración da X Festa da Xiba, prevista para os días 26,27, e 28 do vindeiro mes de abril, a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, convida á hostalaría de Sada a participar nun dos eventos máis importantes de toda a comarca de As Mariñas.
Ficha inscrición festa da Xiba 2019
Sada, 21 marzo 2019.
A Festa da Xiba supón unha oportunidade de mostrar as propostas culinarias, elaboradas cun produto diferenciador, e desde a concellería de Promoción Económica, Turismo e medio Ambiente consideran que éste "constitúe un reclamo turístico que esperamos atraia a visitantes de toda a comarca e Galicia en xeral".
Neste senso, reiteran a intención de promover os produtos por excelencia de Sada e comarca, como elemento característico da gastronomía local e ao mesmo tempo, dinamizar a restauración no noso municipio.
Deste xeito, se publican as bases de participación e ficha de inscrición do evento. (A data límite de inscrición é o venres 29 marzo ás 14:00 horas, presentandoa no rexistro do concello, situado na Avda. da Mariña Nº 25 ).
Ante calquera dúbida, desde a concellería pon a disposición dos locais que queiran participar unha liña de consulta no 981620075 Ext. 264, na O.M.I.T.– 638421054 (Whatsapp dispoñible) ou a través do correo electronico: turismo@sada.gal
"Tede en conta, indican desde a concellería na carta que envían aos locais de hostelería, que poderedes informarvos (ou compartir as vosas ofertas, menús, etc.) a través das redes sociais de turismo de Sada (facebook, twitter, instagram e youtube: @turismodesada), ou na páxina web do concello, de todas as novidades e eventos ó longo do ano, por iso animámosvos a seguirnos e compartir a información sobre os vosos eventos etc. Para así poder darvos difusión a través de internet".