13 / ABR / 2022
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza do 20 ao 22 de maio unha feira de establecementos de comida móbil nunha carpa que se instalará na Plaza Irmáns Suárez Picallo
Bases de participación a Feira Food Trucks Concello de Sada
Anexo I - Folla de solicitude de participación
O prazo para presentar a instancias no Rexistro Xeral do Concello estará aberto do 19 ao 29 de abril (ambos inclusives)
As persoas e empresas solicitantes deberán presentar o Anexo I debidamente cumplimentado xunto con:
- Fotocopia DNI/NIF do interesado/a
- No caso de persoas xurídicas presentarase ademáis fotocopia do DNI do representante legal
- Estar dado de alta no IAE no epígrafe correspondente a actividade que desenvolva
- Estar dado de alta na Seguridade Social no réxime correspondente, acreditando estar ao corrente do pago das súas obrigas fiscais e ca Seguridade Social
- Carné de manipulador de alimentos
- Contar co Seguro de Responsabilidade Civil que cubra os riscos derivados do desenvolvemento da súa actividade así como posibles danos a terceiros e danos estructurais
- Estar ao corrente de pago co Concello de Sada por calquera concepto co compromiso de mantemento destas obrigacións durante a vixencia desta autorización
- Homologación: os traballos de transformación de calquera vehículo Food Truck deben estar claramente homologados e autorizados polo organismo correspondente
- Presentación da tarxeta da ITV