Sada abre la participación en el Entroido de Tapas 2022

07 / FEB / 2022

Sada abre la participación en el Entroido de Tapas 2022

A Concellería de Promoción Económica e Turismo anuncia as bases de participación do roteiro grastronómico "Entroido de Tapas" 2022

BASES ENTROIDO DE TAPAS 2022

ANEXO I E DECLARACIÓN RESPONSABLE

A Concellería de Promoción Económica e Turismo convoca ao longo do ano diversos eventos gastronómicos para promover a calidade do tecido hostaleiro municipal. Do mesmo xeito, esta serie de propostas serven para poñer en valor produtos gastronómicos de proximidade, que se relacionan directamente co tecido extractivo e agrícola local, de tempada ou con vinculación coa nosa memoria histórica como vila.

Consideramos que neste momento en que empeza a controlarse a afectación da pandemia COVID-19 é preciso incentivar a recuperación dos distintos sectores económicos sadenses. A celebración das tradicionais Festas de Entroido pode ser un momento axeitado para facelo, xa que se trata dunha festividade que xunta a un tempo a participación popular e a posta en valor dos produtos gastronómicos locais.

Por este motivo, cumprindo con competencias propias en materia de promoción económica a nivel local, e en colaboración co conxunto do tecido da hostalería local, o Concello de Sada convoca un novo certame gastronómico, co cal pretende completar a
oferta anual de eventos destas características poñendo o foco nos produtos típicos de tempada, poñendo en valor a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Arquivado en