SADA ABRE LA PARTICIPACION EN LA FERIA SADA COMERCIO 2024

26 / XUL / 2024

SADA ABRE LA PARTICIPACION EN LA FERIA SADA COMERCIO 2024

O obxecto destas bases reguladoras é o de establecer as condicións de participación na Feira Sada Comercio, que se organiza para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da feira.

BASES DE PARTICIPACIÓN NO SADA COMERCIO 2024

ANEXO I - SOLICITUDE

 

Sada Comercio instalarase no Paseo tralo edificio modernista La Terraza, por tratarse dun espazo público, céntrico, amplo e accesible. Na zona instalaranse ata un máximo de 25 postos destinados ao comercio polo miúdo, con venta de mercadorías por parte de comercios de Sada. A feria celebrarase os días 3 e 4 de Agosto do 2024.

 

QUE NORMATIVA REGULA A CONVOCATORIA?

  • Ordenanza municipal núm. 16 reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreos de uso publico, industrias da rúa e ambulantes e rodaxes cinematográficas.
  • Lei 13/2010, de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia (art. 21 Mesa local do comercio art. 86-87 venta ocasional. Art. 94 Feiras de oportunidades)
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA PROPOSTA?

A Feira Sada Comercio 2024 vai dirixida ao conxunto do sector do comercio do Concello de Sada, independentemente do seu ámbito de venta, para cumprir co obxecto e finalidade da proposta. Poderá solicitar un dos 25 postos dispoñibles calquera establecemento comercial con sede social en Sada.

O prazo de solicitude iniciará ás 00:00h do día seguinte da publicación destas bases na páxina web municipal e rematará o 1 de agosto de 2024.

 

COMO INSCRIBIR A UN ESTABLECEMENTO E DE QUE PRAZO DISPOÑO?

Para inscribirse haberá que facer o seguinte:

  • Os comercios interesados deberán presentar no Rexistro Municipal (sede.sada.gal) o ANEXO I, coa documentación que se sinala.
  • Se algunha solicitude estivese incompleta, a persoa interesada será requirida para emendala, concedéndolle un prazo máximo de 2 días para facelo. No caso de non completala no prazo límite establecido, entenderase que se desiste da solicitude de participación.

A forma de presentación das inscricións poderá realizarse de forma telemática ou ben presencial, segundo establece o artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

  • No caso das persoas xurídicas (empresas, entidades…), a presentación da inscrición deberá ser telemática a través do Rexistro Electrónico Municipal (sede.sada.gal).
  • As persoas físicas (autónomas/os) poderán optar por presentar as inscricións tamén de xeito telemático (sede.sada.gal) ou ben, se o prefiren, de xeito presencial na oficina do Rexistro Municipal (horario de 9:00 a 14:00h).

 

Arquivado en