A Concellería de Obras e Servizos tamén ampliou nun metro o ancho da acera de acceso pola zona do aparcadoiro e instalou unha nova iluminación do parque.
Ademáis da remodelación do parque infantil de As Brañas o Concello de Sada reformou recentemente os parques da rúa da Praia onde se instalaron elementos novos e retirados doutros parques logo da súa restauración.
Sada, 18 marzo 2020.
O Concello de Sada abriu esta mañá o parque infantil de As Brañas logo da obra de remodelación que se levou a cabo “como resposta á elevada demanda, por parte dos veciños, dun maior número de xogos, dado que anteriormente tiña moi pouca capacidade en comparación cos usuarios potenciais”.
A actuación supuxo unha ampliación de 300 metros cuadrados da zona do parque, a reparación da losa de hormigón e instación de 600 m2 de pavimento de caucho para a zona de xogos infantís e a retirada de todos os elementos para reparación dos mesmos e a sustitución de piezas defectuosas, repintado e recolocación neste e noutros parques.
Ademáis, e ao igual que no parque do Paseo Marítimo, instalaranse novos xogos incluíndo una estrutura de redes para 60 usuarios, tres xogos adaptados e se instalou un novo vallado perimetral por fora de todo o recinto, incluíndo a nova zona do parque infantil de As Brañas que aumentou a súa superficie en 300 metros cadrados de céspede artificial para xogos deportivos.
A Concellería de Obras e Servizos levou a cabo paralelamente traballos de mellora nos accesos ampliando nun metro o ancho da acera para facilitar a accesibilidade ao parque e tamén instalou unha nova iluminación no parque dado que a existente non cubría toda a superficie gañada pola reforma.
Agora o parque ten tres accesos peonís que desde esta mañá están abertos, aínda que o vallado da zona seguira instalado uns días para que non se pise o céspede recentemente colocado.
Ademáis da remodelación do parque infantil de As Brañas o Concello de Sada ven de reformar nos últimos meses os parques da rúa da Praia onde se instalaron elementos retirados doutros parques que logo da fase de recuperación e sustitución de pezas defectuosas foron reubicaros. No parque fronte á Sociedade se instalou, ademáis de novos elementos de xogo, céspede artificial enriba do caucho reparado e no parque ao lado do Chiringuito se cambiou o balancín. O Concello de Sada tamén reformou íntegramente o parque situado no Paseo Marítimo no 2019.